ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

HIRVONEN GAÑA NA CASA

Se había un rally onde o favorito este ano non era Sebastien Loeb, ese era o de Finlandia, sen ningunha dúbida. O dominio dos nórdicos no seu rally "local" foi históricamente aplastante, e nesta ocasión, o francés de Citroën non puido facer nada ante o manexo de Mikko Hirvonen.

Con este bo resultado, Hirvonen comanda agora o campionato do mundo, con tres puntos de vantaxe sobre Loeb, que está pagando caros os seus fallos en rallyes anteriores que lle favorecían. Iso si, con varias probas de asfalto por diante, creo que ninguén dubida que aínda el é o máximo favorito para proclamarse campión, aínda que este ano estao tendo máis duro que noutras ocasións, e é que Hirvonen está crecendo moito como piloto.

Completando o podio quedouse Latvala, cunha boa actuación, que deixou a Sordo en cuarto lugar. Evidentemente, tendo en conta o tipo de superficie, este era un resultado a esperar, pois Dani non ten a mesma cantidade de quilómetros sobre estes terreos tan duros que Jari-Matti, e iso acábase notando, aínda que o español quedouse a só 1:06,1 da vitoria, que non está nada mal.

Matti Rantanen conseguiu un sorprendente quinto lugar, iso si, xa a máis de tres minutos e medio de Dani, e é que o oco entre os coches oficiais e os que non o son é realmente bestial. Sebastien Ogier completaba un rally bo para el, acumulando experiencia na rapidísima grava finlandesa, e indo cada tramo máis e máis rápido, ata quedarse a só tres décimas de Rantanen, que na última especial viulle as orellas ao lobo de moi moi preto.

Polo demais, destacar o tortazo que se deu Raikonen, aínda que a súa velocidade foi de aplaudir. Colocouse terceiro na clasificación S2000 co Abarth que tiña entre mans, algo moi digno dada o seu inexperiencia en rallyes, pero o sábado pola tarde saíase de pista e envorcaba violentamente, sen danos físicos, pero deixando o seu coche fóra de xogo.

Resultado final:

1. Mikko Hirvonen Ford 2h50m40.9s
2. Sebastien Loeb Citroen 25.1s
3. Jari-Matti Latvala Ford 49.9s
4. Dani Sordo Citroen 1m06.1s
5. Matti Rantanen Ford 4m18.2s
6. Sebastien Ogier Citroen 4m18.5s
7. Jari Ketomaa Subaru 5m07.5s
8. Matthew Wilson Ford 6m33.6s
9. Khalid Ao Qassimi Ford 12m57.3s
10. Juho Hanninen Skoda 14m13.7

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba