ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VILARIÑO GAÑA O RALLYSPRINT DE IGÜEÑA

O piloto de Palas de Rei acudiu a esta proba como preparación de cara ao Rallye San Froilán, que se celebrará o 5 de setembro

Luis Vilariño e todo o seu equipo volveron á actividade este fin de semana. Reparado dos danos sufridos no eixe traseiro no Rally Sur do Condado, o Renault Maxi Megane tripulado por Vilariño e o seu copiloto Moncho López volveu ruxir polos tramos, máis concretamente os do Bierzo, zona onde se celebrou o Rallysprint de Igüeña.
"Comezamos o rallye tratando de recuperar o ritmo de carreira, despois dalgún tempo parados, pero pronto vimos que tiñamos claras posibilidades de conseguir o triunfo. De feito marcamos o mellor tempo en catro dos cinco tramos disputados, e no último e tomámolo con moita calma dada a vantaxe acumulada. Estivemos a probar cousas no coche, de cara ao San Froilán, unha carreira onde temos moitas ganas de facer un bo papel- comenta Vilariño acerca do seu triunfo en Igüeña, un triunfo que a punto estivo de truncarse dado que ao rematar o último tramo, o parque pechado estaba a pouco máis de 100 metros, e xusto ao chegar a el apagóuseme o coche, por un fallo nas bombas de gasolina. En caso de necesitar facer un enlace de tan só un par de quilómetros ata o parque, xa teriamos que abandonar. Agora espero que estas avarías nos respecten no San Froilán, unha proba onde creo que podemos estar entre os mellores."
Clasificación Rallysprint Igüeña

* 1º L.Vilariño-R.López (Renault Maxi Megane) 26:55.0
* 2º J.Pérez-E.Velasco (Renault Clio R3) 27:19.0
* 3º J.Arias-R.García (BMW M3) 27:21.0
* 4º F.J.Ferrero-P.Moreno (Mitsubishi Lancer Evo VI) 27:58.0
* 5º F.Macías-A.Hidalgo (Citroën ZX Kit Car) 28:28.0

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba