O equipo lucense formado polos irmáns Pedro e Marcos Burgo tomarán parte este próximo venres e sábado no 40 Rallye de Ferrol, proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto. Tras o parón tradicional de verán, os Burgo afrontan con moita ilusión esta nova cita na que pretenden conseguir un bo resultado. Correr na súa segunda casa e facelo nunha proba onde dous dos seus principais patrocinadores tamén están implicados supoñerá un plus de motivación para Pedro e Marcos Burgo.
Aínda que conseguir un bo resultado en Ferrol será moi complicado e niso terá un importante papel a climatoloxía. Pedro Burgo é consciente que se a chuvia fai acto de presenza nesta edición do Rallye de Ferrol as súas posibilidades de lograr chegar ao podio final serán moito maiores.
Ata o momento non estamos a ter sorte no Campionato de España, pero esperamos que en Ferrol a cousa cambie e consigamos un bo resultado. Xa temos moi complicado pelexar polos obxectivos de principio de tempada, así que agora preparamos carreira a carreira e aquí intentaremos dalo todo, polos moitos afeccionados que temos nesta zona e porque Café Candelas e Hankook, dous dos nosos principais patrocinadores, tamén o son deste rallye. Así comentaba as cousas Pedro Burgo antes da carreira.
0 comentarios:
Publicar un comentario