ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEX MACHADO CONTENTO EN FERROL

Finalizadas as xornadas de recoñecementos do Rallye de Ferrol, todo está a punto para que Mex Machado comence mañá a súa participación nesta proba.

Ao respecto dos tramos que se encontrou o piloto portugués manifesta que son máis complicados que os que corrín no 2007, están sucios e son moi estreitos, o cal requirirá unha pilotaxe moi técnica que fará evolucionar moito o meu coñecemento de como levar sacando do Porsche o máximo proveito. Sobre as súas intencións en carreira di que lle gustaría moito andar o máis á présa posible, pero a miña guerra non será pelexar cos pilotos do Campionato de España. Nas primeiras pasadas asegurarei un pouco, para nas segundas atacar algo máis pero sen chegar nunca a un full attack. Engade tamén quedei moi impresionado coa organización e federación, por como teñen montado o tema dos recoñecementos cun gran control sobre os coches e preocupándose moito pola seguridade. A verdade sorprendeume moito.

Neste Rallye de Ferrol Mex Machado estará integrado no equipo Nupel, o cal dende o primeiro momento lle prestou un grande apoio. Algo que será moi importante para el, posto que a súa idea vindo a correr este rallye a España é a de facer evolucionar o seu Porsche 997 GT3 Cup. E sen lugar a ningunha dúbida ter o grande especialista que é Sergio Vallejo tan preto del será de grande axuda, tanto como poder contar coa asistencia e asesoramento do resto do equipo Nupel. Unha formación a lucense das máis importantes dentro dos rallyes en España e que lle vén prestando a súa axuda nos dous últimos anos.

A proba comezará co shakedown que terá lugar mañá a primeira hora, na cal se farán as últimas regraxes ao coche para deixalo perfectamente a punto, de cara a unha carreira que terá a súa partida pola tarde e que finalizará a súa primeira parte cunha super especial nocturna.

Recordemos que Mex Machado é un piloto cun brillante palmarés, no que se contan entre outros logros os triunfos no Trofeo Peugeot de Portugal nos anos 2005 e 2006. Ademais nos últimos anos alterna a pilotaxe coa organización, sendo el o promotor, como cabeza visible de StartSign, do Open de Rallyes do noso veciño país, unha novidosa e exitosa fórmula que revitalizou esta especialidade, sendo o certame que máis participantes reúne. Por se iso non fose pouco, a súa empresa é ademais a promotora do Campionato de Portugal de Rallyes.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba