ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VALLEJO NO AUTOCROSS DE ARTEIXO

Sergio Vallejo Folgueira, posiblemente o piloto galego máis popular, vai competir tamén no Autocross de Arteixo e incorpórase a última hora a unha lista de inscritos de auténtico luxo, que contará tamén con Dani Sordo e Nani Roma.

ABRIR + | PECHAR -

Perfecto Calviño, ex Campión de España de kartcross que desde fai algúns anos centrouse no seu labor de constructor e xefe de equipo, optou polo lucense para pilotar un dos seus monoplazas Yacarcross, tanto pola innegable atención mediática e favor do público que espertará Vallejo, como pola plena confianza en que o piloto de Meira pode realizar un magnífico papel: "Se é capaz de levar os máis de 400 cabalos do Porsche tan ben como faio, creo que a pouco que se adapte vai facelo moi ben nun kartcross. A nosa firma ofrece un produto feito en Galicia con total calidade, e ninguén mellor que Sergio Vallejo para representalo."

Vallejo foi incrito este mesmo fin de semana na proba do Campionato Galego que se disputará en Laracha, de face a tomar un primeiro contacto cuns monoplazas que coñece e probou a conducir algunha vez, pero cos que nunca participou nunha carreira, enfrontándose a outros pilotos na pista. "Entre a experiencia que vai adquirir en Laracha e facer algún test máis co coche, confío en que Sergio sairá a Arteixo en condicións de rodar moi rápido. Os pilotos deste nivel, aprenden rápido."- afirma Calviño.

Os enfrontamentos de outrora no Nacional de Rallyes, con Sergio Vallejo e Dani Sordo, terán así unha reedición en Arteixo, con motivo dunha carreira que está pechando unha das mellores listas de inscritos da súa historia.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba