ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ANVIAR COMPETICIÓN NO SAN FROILAN

O Equipo Anviar Competición sairá no próximo Rallye San Froilán coa intención de ofrecer un bo resultado que faga xustiza os esforzos de patrocinadores e do equipo en toda esta tempada. O piloto, Fabio Garcia Rivas, esta impaciente por estar na liña de saída, poder dar de sí o máximo e sacarlle todo o partido o Subaru Impreza.

Tras non poder rematar nas dúas primeiras probas do campionato galego 2009 (Ulloa e Cocido) por sendas avarías mecánicas “tontas”, tentarase de novo a sorte nesta proba, que tras a da Ulloa, é a proba da casa. Para axudarlle un pouco a nai fortuna, o coche foi sometido a unha revisión e posta a punto a fondo, coa intención de poder estar na saida do rallye nas mellores condicións posibles, podendo rematar a proba sen que o coche de problemas.

Fabio di o respecto que “n grupo diferencial frouxo de fabrica e un fallo na bomba de gasolina impedíronos practicamente rodar este ano no campionato galego. Nesta proba saímos cos deberes feitos, e con ganas de dar todo o que temos dentro, aínda que, como non, conservando a mecánica e tentando facernos con un coche que polo momento non temos o 100% domado.

Tanto o piloto, como o copiloto do equipo (Ángel Besteiro) teñen moi bos recordos de esta proba lucense, xa que para ambos, foi a primeira proba na que lograron cruzar a liña de meta.

O respecto “Ánxel” di que todo o equipo esta coa máxima ilusión por completar esta proba e por fin demostrar todo o que valemos. Esta proba presentase bastante longa e dura, como nos ten acostumados este Rallye San Froilán. Aquí saímos con unha intención clara: rematar o rallye e poder saber a que altura estamos con respecto os nosos rivais.

O equipo quere agradecer o apoio de todos os patrocinadores, amigos e afeccionados que nos apoiaron nestes duros momentos, xa que sen eles estar aqui seria totalmente imposible.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba