ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

RAIKKONEN ESTREASE NO WRC CUN ABANDONO


"Estas cousas pasan, é parte dos rallyes" Comentaba o "Home de Xeo" que facendo honor ao seu apodo describiu o envorco sufrido no último tramo do segundo día en Finlandia como "parte do deporte" e comentou que gozou do seu debut no mundial de rallyes.

Malia sufrir problemas de motor hoxe, Raikkonen era 15º cando envorcou co seu Abarth Grande Punto S2000 ao saírse de pista nunha curva á esquerda, xusto a 3 Km da saída do último tramo, a especial de 29.29 Km de Vaarinmaja (TC19).

O coche quedou aloxado nunha zanja e, aínda que unha multitude de espectadores volveuno a poñer dentro da pista, estaba demasiado danado como para continuar.

Minutos despois do accidente Raikkonen dixo que a saída de pista debíase a que tomara unha mala posición ao entrar na curva. "Coñecíamo, pero entrei demasiado aberto," dixo, "pensei que sairiamos malia abrirnos demasiado, pero desafortunadamente había moitas rocas e iso provocou a saída de pista e o envorco."

"Pensaba que non acabariamos o rallye polos problemas co motor. Pero mo pasei ben e ninguén saíu ferido. Estas cousas pasan, é parte dos rallyes," engadiu.

Unha vez de volta no parque de asistencia o copiloto de Raikkonen, Kaj Lindstrom, comentou a wrc.com que estaba orgulloso de Kimi. "demostrou que é rápido, o cal antes do rallye ninguén sabía seguro," dixo. "O principal obxectivo era finalizar a carreira, pero co motor en tan mal estado sabiamos que iso non ocorrería".

"Kimi non estaba forzando o coche para compensar a falta de potencia no motor, sencillamente debeuse ao feito de entrar mal nunha curva moi complicada, a mesma na que se saíu Mads Ostberg."

Lindstrom confirmou que a gravidade dos danos descarta o SuperRally o domingo. Tamén dixo que é posible que haxa máis rallyes con Kimi, pero non especificou cando nin onde.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba