Loeb é o encargado de marcar o ritmo na 45 edición do Rally de Cataluña, a parte de ser un dos máis rápidos, nesta ocasión ten no seu rival máis forte ao seu mellor aliado.Onte Sebastien finalizaba a 1,6s de Sordo, pero esa diferenza suprimiuse na primeira especial do día, despois da cal os dous pilotos de Citroen acabaron empatados. Nos dous seguintes tramos repartíronse as victorías, co que o español é líder con 0,9s de vantaxe, pero xa sabemos que o "máximo rival" do francés pasará ao segundo posto, a gardarlle as costas fronte a Hirvonen, que é terceiro.
O galego Victor Senra ocupa o posto 23, sendo o piloto mellor clasificado na PRR con case un minuto de vantaxe sobre Benito Guerra.
0 comentarios:
Publicar un comentario