ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

SORDO PREMIADO CO "SPIRIT OF THE RALLY"

O piloto do equipo Citroën Total, Dani Sordo, foi premiado co trofeo Abu Dhabi ''Spirit of the Rally'' no Rallye de España, en recoñecemento á velocidade que levou e que lle podía dar o triunfo, así como polo traballo en equipo tan exemplar que realizou durante a proba.

Sordo, segundo piloto do equipo Citroën, ofreceu aos seus fans un magnífico espectáculo durante todo o rallye, liderando a carreira durante gran parte dos dous primeiros días.

O español mostrouse máis que capaz de loitar pola súa primeira vitoria no WRC, e ademais no rallye da súa casa, con todo reduciu a velocidade o sábado pola noite para facilitarlle ao seu compañeiro de equipo, Sebastien Loeb, a vitoria, a cal pode marcar a diferenza na loita de Loeb por conseguir o seu sexto título consecutivo.

Doutra banda, a velocidade e bo facer de Sordo permitiron asegurarlle a Citroën o título de Construtores WRC 2009 a falta dunha proba para finalizar a tempada.

O trofeo Abu Dhabi Spirit of the Rally, impulsado pola Autoridade do Turismo de Abu Dhabi (ADTA), entrégase en cada proba WRC en recoñecemento a calquera actitude na que destaque a capacidade de liderado, integridade,respeto e traballo en equipo.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba