ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BUTTON CAMPIÓN DO MUNDO DE F1

Jenson Button uniuse ao grupo de elite no que só entran os pilotos que gañaron o campionato do mundo. O seu quinto posto no GP de Brasil este domingo, foi suficiente para gañar o título a Sebastian Vettel e Rubens Barrichello.

Button é o décimo campión británico, seguindo os pasos de Mike Hawthorn, Graham Hill, Jim Clark, John Surtees, Jackie Stewart, James Hunt, Nigel Mansell, Damon Hill e o máis recente campión, Lewis Hamilton.

A súa cadea de seis vitorias no sete primeiras carreiras, igualou a marca establecida por Clark e Michael Schumacher e foi a base para gañar o campionato. Aínda que a súa vitoria final da tempada chegou en Istambul en xuño, foi capaz de sumar puntos de forma regular, para frustración dos seus rivais.

Button tivo a súa xusta parte de críticas pola súa actuación na segunda metade do campionato, pero si empezase a tempada en posicións de puntos e terminado cunha serie de vitorias, sen dúbida o seu éxito viuse baixo unha luz diferente.


El pode non ter o talento dalgúns dos seus rivais e poida que non poña o coche á límite semana tras semana, pero con máis puntos que os seus rivais, logrou o seu obxectivo principal: gañar o campionato; tras moitos anos de fidelidade a Fonda e o seu sucesor, Brawn GP.

En vista de que o seu equipo tamén gañou a coroa de construtores, o título de Button escribirase con letras maiúsculas, xa que foi unha historia de conto de fadas para o equipo Brawn, un equipo que estivo a piques de pechar as súas portas poucas semanas antes de que comezase a tempada de 2009. O BGP 001 completou a súa primeira proba en pista só un mes antes da primeira carreira da tempada.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba