ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

JEAN TODT PRESIDENTE DA FIA

O francés Jean Todt, ex director de Peugeot Sport e da escuadra Ferrari de Fórmula 1, foi elixido este venres presidente da Federación Internacional do Automóbil (FIA) en substitución de Max Mosley, anunciou en París o organismo.

Todt, de 63 anos de idade, foi elixido por 135 votos contra tan só 49 para o ex piloto de rallies finlandés, Ari Vatanen, que tamén se presentaba, e houbo 12 abstencións.

A federación subliñou que a votación foi controlada por un representante xudicial.

O candidato finlandés había presentado un recurso contra a FIA o pasado 16 de outubro por considerar que o proceso electoral non era transparente pero finalmente abandonouno catro días despois.

"Estou aliviado, a campaña electoral foi unha experiencia intensa" dixo Todt nunha conferencia de prensa tras o seu nomeamento.

"Ao meu gústame a acción, facer que as cousas avancen, chegar a esta posición de presidente da FIA, pasar por un proceso democrático. Estou contento que tantos países apoien a miña candidatura", engadiu.

O británico Max Mosley, presidente da FIA desde 1993, contribuíu durante os seus catros mandatos a mellorar a seguridade do deporte automobilístico pero desde 2008 atopábase nunha posición fráxil por un escándalo relacionado coa súa vida privada.

No seu programa Jean Todt dixo que quería seguir coa acción comezada por Mosley aínda que subliñou que o sistema de goberno da Federación necesita renovarse.

"Estou en contra da idea de cambialo todo. Eu prefiro falar de cambio construtivo", dixo. "O que funcionaba fai dez anos hoxe xa non funciona", engadiu.

Nacido o 25 de febreiro en Pierrefort, un pobo do sur de Francia, Jean Todt empezou a súa carreira como piloto de rallies e conseguiu ser subcampión do mundo en 1981 como copiloto de Guy Fréquelin.

Director de Peugeot Sport entre 1982 e 1993, Todt foi un dos artífices do catro títulos mundiais conseguidos polo construtor (dous de pilotos e dous de construtores) antes de fichar pola escuadra Ferrari de Fórmula 1.

Baixo a súa dirección a 'Scuderia' conseguiu 98 vitorias en grandes premios e trece títulos mundiais (seis de pilotos e sete de construtores), grazas sobre todo ao dominio do piloto alemán Michael Schumacher.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba