ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MAIS APOIOS DO TEAM NUPEL

Tras varias tempadas de presenza do TEAM NUPEL no Campionato de España, considerouse chegado o momento de multiplicar o apoio ao deporte do automóbil e fixarse novos retos a partir da próxima tempada, na que comezará a incursión no Campionato do Mundo de Rallyes e ampliarase a participación no Campionato de España, á parte doutros proxectos que se están xestando.

O salto cuantitativo e cualitativo na actividade do TEAM NUPEL, esixiu a implantación dun novo deseño organizativo e dunha estrutura de dirección e coordinación, denominada NUPEL GLOBAL RACING.


Un dos retos que se afrontarán esta tempada é o proxecto denominado RAS·RALLY, consistente nun proceso de selección e formación de mozos deportistas que teñan verdadeira ilusión en converterse en pilotos de rallyes.

Este proxecto, dirixido persoalmente por Luís R. Moya, permitirá aos dous vencedores incorporarse a un sistema de formación técnica e deportiva integral, así como á participación como pilotos NUPEL no Campionato de España de Rallyes 2010, dentro da estrutura do equipo.

A presentación pública dos plans deportivos do NUPEL GLOBAL RACING terá lugar o día 26 de novembro e a fase de inscrición na selección RAS·RALLY comezará o próximo día 1 de decembro. Desde esta páxina iremos informando puntalmente das novidades que vaian xurdindo neste e noutros proxectos do Equipo.

Proximamente porase en marcha unha web específica do evento, na que se publicarán as bases definitivas e o formulario de inscrición.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba