ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VOLTAN!! OS MAIS REGULARES,VOLTAN MEIRA-BAÑOBRE

Obxectivos xa cumpridos
Alberto Meira reencontrarase esta tempada co Rallye Baixa Limia, onde non participou o ano pasado. Meira polo menos só terá que recoñecer tres tramos distintos, que de feito máis coñece por habelas disputado en edicións anteriores, e por tanto espera facer un bo papel nesta cita ourensá do Campionato Galego, a pesar de que no deportivo o resultado non ten demasiada importancia, dado o actual devir do certame.

E é que o dúo Meira-Bañobre, aínda que ten xa no peto o Campionato Galego de grupo N, practicamente carece de opcións no referente ao Campionato absoluto ("-Unha meta que nun principio se descartou, dado que competimos cun vehículo de grupo N que resulta insuficiente para ser realmente competitivos fronte aos nosos rivais, pero que polos nosos resultados, sumando puntos carreira a carreira e gañando a vehículos superiores como no Rallye do Albariño, chegamos a ter ao noso alcance"comenta Meira) pois Pedro Burgo será Campión practicamente con só levar o seu coche até a meta. Iso si, Meira e Bañobre teñen igualmente sinxelo o acabar o ano como subcampións galegos absolutos, un verdadeiro logro participando cun vehículo de grupo N fronte a maquinaria moi superior, e obtido a base de regularidade.
Copiloto por un día
No entanto, Alberto Meira promete como sempre ofrecer moito espectáculo aos afeccionados, algúns dos cales coñecerán moi pronto si foron afortunados no sorteo ¿Queres ser copiloto? recibindo un curso de copiloto e, no caso dun dos gañadores, competir xunto a Alberto Meira no Rallye Botafumeiro, que terá lugar en novembro e será a última proba do Campionato Galego.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba