ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BARRICHELLO VAISE PARA WILLIAMS

O piloto brasileiro de Fórmula 1, Rubens Barrichello, asinou contrato coa escuadra británica Williams, e abandonará Brawn GP ao termo da tempada 2009, segundo publica este luns o diario Folha de Sao Paulo.

O piloto "xa asinou contrato con Williams para a tempada de 2010, con opción -das dúas partes- de prolongar o acordo por un ano máis", informou.

Por conducir para Brown en 2009, o brasileiro recibiría uns 2 millóns de dólares.

En Williams, "ese valor debe ser preto de catro veces maior" ademais dunha bonificación por vitorias, afirma o xornal.

Con 71 puntos na clasificación mundial de pilotos, Barrichello disputa o título co seu compañeiro de escuadra, o británico Jenson Button (85 puntos).

Segundo Folha, o anuncio oficial debe realizarse tras disputarse o Gran Premio de Brasil, en Sao Paulo o 18 de outubro.

En caso que "Barrichello faga cinco puntos máis que Button en Sao Paulo e postergue a definición do Mundial de Pilotos á etapa en Emiratos Arabes (1 de novembro), será despois diso".

O seu compañeiro debe ser o alemán Nico Hulkenberg, de 22 anos, que actualmente é o piloto de proba de Williams.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba