ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BURGO NO OURENSE--BAIXA LIMIA

Co Campionato Galego Absoluto no peto tras o seu triunfo no pasado Rallye de San Froilán, o equipo formado polos irmáns Burgo afronta unha das últimas probas do seu calendario neste ano 2009.


Será este fin de semana, coa disputa do Rallye Baixa Limia, que alcanza con esta a súa sexta edición e que terá como escenario as estradas da provincia de Ourense. Unha cita na que o equipo de Hankook e Café Candeas loitará por unha vitoria que brindar aos seus patrocinadores e terminar con bo sabor de boca un ano agridoce.

A pesar de tratarse dunha das últimas probas do calendario, os equipos punteiros de Galicia daranse cita todos eles, cun bo número de vehículos de altas prestacións que fará que sexa necesario aplicarse ben para terminar a proba no máis alto do pódium. O esquema do rallye, bastante inusual tamén e cunha curta quilometraxe obrigará a dar o máximo desde o primeiro metro, xa que un erro pode ser fatal ao non haber marxe para a recuperación.


"Despoi de superar os problemas físicos que me impediron participar nas últimas probas do Campionato de España espero conseguir aquí no Rallye Baixa Limia un bo resultado. Xa temos asegurado o Campionato Galego, pero aínda así queremos saír a por todas e terminar de boa maneira este ano. Os pilotos locais non nolo van a pór fácil e ao ser tan corto o rallye calquera erro pode deixarche sen opcións, pero confiamos en seguir cos nosos bos resultados nesta proba" comentaba o piloto lucense Pedro Burgo.

O rallye estará dividido en tres seccións, dúas delas pola mañá coas especiais de Muíños e Bande. Pola tarde a terceira sección contará coa repetición de Muíños e co tramo de Verea-Quintela de Leirado, que cos seus 19,53 quilómetros é o máis longo do rallye e un dos máis longos tamén que se corren no Campionato Galego.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba