ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

O TITULO MAIS CERCA

Como se prevía, a parte final do rallye non deparou excesivas sorpresas. Así, e con todo, Sergio Vallejo proclamouse vencedor do 27º Rallye Sierra Morena, e o equipo Nupel confirmou o bo fin de semana coa segunda posición de Xevi Pons.

Un rallye moi interesante, moi igualado, e cunha cantidade de público que fixo que a organización se esmerase en conseguir sacalo todo adiante de maneira moi coherente. Ao longo dos tramos da mañá, víase vir unha loita interesantísima entre os Porsches do equipo Nupel, con Xevi Pons e Sergio Vallejo, e o Porsche de Miguel Fuster e o seu equipo Prol Rallye. Íanse alternando na primeira praza, quedando as espadas en todo o alto para as dúas pasadas aos dous tramos da tarde. Con todo, unha saída de Miguel A. Fuster, fixo que se convertese nun man a man entre compañeiros de equipo, e tal cal se prevía a vitoria levoulla Sergio Vallejo, que marcou o scracht nos tramos nos que Fuster xa non estaba. Por detrás, e confirmando o dominio dos GT, M. Aviñó completou o podium, cun rallye moi regular.

Gran Rallye para o madrileño Alberto Monarri, copilotado polo andaluz Alberto Chamorro, conseguindo a primeira en N Plus e unha máis que meritoria quinta praza final. Tamén, digo de sinalar é o papel de Joan Vinyes, un piloto que se adapta a calquera especialidade e que en Córdoba se vai como sexto clasificado final e vencedor na Clio Cup R3.O Trofeo Junior para menores de 23 anos, foi para Fran Cima, que se impuxo a Jonathan Pérez. En Vehículos de Produción e na Mitsubishi, o Alacantino Emilio Segura logrou a vitoria.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba