ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

SORDO LIDERA O CATALUNYA-COUSTADOURADA

Absoluto dominio do español Dani Sordo (Citroën C4 WRC) na undécima proba do WRC, o 45 RallyRACC Catalunya-COSTA DAURADA, Rallye de España, cuxa primeira xornada empezou hoxe en PortAventura e que bota un balance favorable a Citroën, xa que á segunda posición de Sébastien Loeb, se unen a cuarta e a quinta de Petter Solberg e Sébastien Ogier, intercalándose na terceira praza o Ford de Mikko Hirvonen.

O RallyRACC iniciábase cun bucle composto por tres tramos diferentes, La Mussara (20,48 km), Querol (21,26 km) e El Montmell (24,14 km), aos cales os 70 participantes autorizados tiñan que dar dúas pasadas, todo baixo unha climatoloxía de tempo seco e soleado, con algo de vento ao comezo da xornada, ademais dalgunhas humedades existentes no primeiro bucle debido á chuvia na noite do xoves.

Deixando claras as intencións de Citroën dende o inicio, Dani Sordo iniciaba o rallye sen titubos impoñéndose na primeira pasada polas especiais, se ben o seu compañeiro de equipo en Citroën, Sébastien Loeb, era superado no primeiro deles por Mikko Hirvonen (Ford), aínda que a situación cambiaba de cara aos seguintes, onde xa Loeb se colocaba por diante de Hirvonen, formando así un dobre Citroën na cabeza que xa non ía sufrir alteracións no resto da xornada.

Hirvonen comezaba un tanto cauteloso ao non se sentir de todo seguro coas humidades da primeira volta polos tramos, situación que posteriormente se contrastaba coa mellora dos cronos nas segundas pasadas, onde xa había menos diferenzas que as rexistradas durante a mañá, onde o dominio de Citroën era case absoluto, pois á primeira e segunda praza de Sordo e Loeb se engadía o magnífico rendemento de Petter Solberg, na estrea co Citroën C4 WRC, ademais da recuperación de Sébastien Ogier (Citroën).

No segundo bucle, Sordo gañaba o primeiro tramo, mentres que Loeb se impoñía nos dous seguintes marcando os seus primeiros scratch do RallyRACC, o que lle servía para achegarse na clasificación xeral a Sordo, rematando o primeiro día separados por 1,9 segundos. Mikko Hirvonen (Ford) non lograba aguantar o ritmo da cabeza e quedaba algo descolgado finalizando a etapa a máis de medio minuto dos Citroën, que por outra parte teñen en Petter Solberg e en Sébastien Ogier dous escudeiros perfectos, cuarto e quinto, mentres Jari-Matti Latvala (Ford) non tiña un bo día sobre o asfalto de Tarragona. No apartado Júnior, Martin Prokop (Citroën) lidera a clasificación seguido de preto por Hans Weijs (Citroën).

Esta primeira xornada competitiva contou coa presenza de diferentes personalidades, entre elas os dous candidatos á presidencia da FIA, Jean Todt e Ari Vatanen, que tras visitar a oficina de carreira presentaron as súas candidaturas en rolda de prensa. Tamén estivo no parque de asistencia o último gañador do Tour de Francia de ciclismo, Alberto Contador.

Mañá, segunda xornada deste interesante RallyRACC Catalunya-COSTA DAURADA, con tres especiais a dobre pasada como son El Priorat-La Ribera del Ebre (38,27 km), Les Garrigues (8,60 km) e La Llena (17,12 km), que contabilizan un total de 128 km contra o crono. O día empezará ás 8:00 horas para finalizar a partir das 17:41, todo no parque temático PortAventura.

Clasificación provisional do 45 RallyRACC tras a primeira xornada

  • 1-Dani Sordo-Marc Martí (Citroën C4 WRC), 1:10:45.3
  • 2-Sébastien Loeb-Daniel Elena (Citroën C4 WRC), a 1.6
  • 3-Mikko Hirvonen-Jarmo Lehtinen (Frod Focus RS WRC 2009), a 34.2
  • 4-Petter Solberg-Phil Mills (Citroën C4 WRC), a 59.7
  • 5-Sébastien Ogier-Julien Ingrassia (Citroën C4 WRC), a 1:22.9

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba