O WRC deste ano xa está sufrindo da falla de fabricantes oficiais involucrados. Pero o ano que ven a cousa tampoco é que pinte moito mellor. A autorización por parte da FIA dos S2000 para o campionato parece que poderá convertirse na solución para 2011, pero en 2010 tanto os WRC como os S2000 correrán xuntos, o que seguirá facendo que a elección máis lóxica para loitar polos laureles mundialistas sexan os coches actuais.Iso sí, de cara o 2011 o mundial promete, e moito. xa dixemos noutras ocasións dos intereses de marcas como Fiat, Skoda ou Proton en participar no campionato, e agora chegan rumores dende RallyBuzz conforme a marca xaponesa estaría preparándose para voltar o WRC en dous anos. ¿Qué modelo usarían de base? Eu case que apostaría polo Kizashi, inda que omellor sexa demasiado grande para ser competitivo nos enrevesados tramos do mundial.
0 comentarios:
Publicar un comentario