ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA-BAÑOBRE

Durante este fin de semana, os equipos participantes no Campionato Galego de Ralis fixeron os recoñecementos do que será o itinerario da terceira proba, o Rali Ría de Noia, que se correrá o vindeiro fin de semana.

Concretamente o venres 17, o Malecón de San Lázaro voltará a inundarse de ambiente automovilístico, coa presencia o largo da tarde de máis dun cento de coches de competición, que pasarán as pertinentes verificacións e ficaran no parque pechado que será o sitio de comenzo e saida da proba.

O Mitsubishi Lancer Evo IX tripulado por Alberto Meira e seu copiloto Álvaro Bañobre será sin dubida un deses coches que vai atraer as miradas dos xiareiros, tanto nos entrenos como na xornada do rali, non en vano o piloto de Gondomar ven de lograr a victoria da sua categoría no pasado Rali do Cocido, e en Noia é un dos serios candidatos a repetir triunfo no grupo N, ou incluso a un podio na clasificación xeral scratch.

Meira ten claros os seus obxetivos:

“Noso coche sae con preparación do grupo N, polo que estamos falando duna desventaxa duns 40 cabalos respecto os Mitsubishi do grupo A, como é o caso de Burgo, Rico ou Vidal, que lóxicamente serán os que poidan disputarse a victoria absoluta frente os Kit Car de Senra, Bamarti e Vilariño. Nosa única oportunidade de superalos é que chova, xa que si o asfalto esta esbaradio a potencia xa non é tan importante, e nosa desventaxa disminue. De feito o ano pasado empezamos este rali moi forte, rodando a pocos segundos de Pedro Burgo no comenzo, gracias a chuvia. Por todo iso o obxetivo é gañar o grupo N, e a partir de ahí, xa veremos si podemos facer algo máis.”

Piloto e copiloto coinciden o afirmar que

“Debemos manter a cabeza fría, xa que un percance no que se danase o coche podería comprometer a nosa participación en vindeiras citas.”


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba