ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

TINEO 2009

O Tineo é coto privado de Félix García e o de Trevías volveuno a demostrar na proba que abre o calendario de ralis de asfalto no que o Rexional se refire. Foi o máis rápido dos pilotos que quedaron sobre a carretera na proba tinetense, onde varios dos favoritos tiveron que poñer rumbo o garaxe, por unhas cousas ou por outras, antes de chegar o parque pechado do final.

Con esta victoria no Tineo, Félix García (Mitsubishi Lancer Evo VII) ponse tamén líder do rexional, o que aspira, como a tempada pasada na que disputou un pechado man a man con César Palacio e Miguel Arias. Precisamente estes dous pilotos foron dos primeiros en caer da loita polo triunfo. O vixente campión, por unha avería, mentras que Arias tivo un problema co embrague do seu Clio R3, pero poido sobrepoñerse para ser cuarto.
Jorge López (Mitsubishi Lancer Evo IX) foi segundo a 22 segundos de Félix García, mentras que Manuel Antonio Pérez, 'Rayman', (Mitsubishi Lancer Evo VIII) completóu o podio, a máis de un minuto, en unha proba na que os principais favoritos, os WRC tiveron que retirarse. Nin Julio César Castrillo, co Hyundai Accent WRC primeiro; nin Jesús Fernández, 'Tano', co Subaru Impreza WRC, puderon agantar no primeiro posto. Unha pena, porque é todo un luxo ter eses coches en Asturias. O vindeiro rali puntuable para o campionato de Asturias será o de Grado, o 9 de mayo.


Triunfo de Fombona
José Antonio Fombona (Audi A4ST) venceu sobradamente na Subida a Ubrique, a proba inaugural do Nacional de Montaña. Foi sexto e quinto, respectivamente en cada manga, e o primeiro dos vehículos carrozados, non dando tregua os seus rivais.
Óscar Palacio (BRC Evo 05) foi o outro asturiano o que lle salíu un bo fin de semana en Ubrique. Consiguíu un terceiro posto na manga do Domingo, despois de ser segundo o Sábado, con Pedro Roca como gañador cun Silver Car.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba