ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

TEAM MAYADOR


Comeza o Campionato de España de Montaña 2009, coa XIV Subida a Ubrique, que este fin de semana se celebra na localidade gaditana e cita na que de novo o Team Mayador será un dos equipos en liza co Renault Sport Mègane Trophy en mans de José María Magdaleno.

ABRIR + | PECHAR -

Para iso o Team Mayador ten listo todo o seu equipo, e partirá cara a terras andaluzas coa idea de lograr unha boa clasificación no seu grupo, o A2, e unha vitoria na súa Clase, a 15.

Estamos nun bo momento, e é que xa lle temos o "feeling" collido ao Renault Sport Mègane Trophy e nesta tempada sabemos que podemos estar moi arriba nas clasificacións xerais e por suposto no noso grupo e na nosa clase, onde optamos ao triunfo, comenta José María Magdaleno antes da proba gaditana, da que di "é unha subida moi bonita, conta con bastante arraigamento en Ubrique, e é que en Andalucía hai bastante afección polo automobilismo de montaña. O seu trazado de escasos cinco quilómetros comezan cun piso moi bo e ancho e con curvas con peraltes moi bos que nos favorecen aos coches "circuiteiros" como o noso, logo dende un cruzamento pasa a ser un trazado máis estreito con moitas viraxes que dá paso a outra zona rápida ata chegar á coñecida como "Curva do Pluviómetro" onde se concentran moitos afeccionados, logo na parte final seguen moitas curvas e todo iso cun piso moi bo dende que a asfaltaron hai uns anos; conclúe o piloto do TEAM MAYADOR sobre o percorrido da proba que se disputa a dobre xornada, como é habitual, coa Fase A o sábado e a Fase B o domingo.

Así, as verificacións administrativas e técnicas terán lugar o venres 17 dende as 15:00h no Centro Comercial Hipersol, para dar comezo a primeira manga, a de adestramento, ás 15:00h do sábado 18. A carreira oficial da Fase A será ás 18:00h. Xa na xornada dominical o horario das diferentes mangas será dende as 09:00h a de adestramento, e a carreira oficial da Fase B ás 12:15h. A publicación dos resultados oficiais será ás 13:45h e a entrega de premios, que pon o punto final á proba, ás 14:00h na Praza de Touros de Ubrique.




Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba