ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

NACIONAL


A loita polo campeonato de España de Ralis trasladase a Canarias donde se celebrará a segunda cita, de duas xornadas e maior coeficiente, polo que todos os pilotos importantes estarán presentes.



ABRIR + | PECHAR -



O mércores 15 de abril terminóu o plazo de inscripción para o 33 Rally Islas Canarias Trofeo Corte Inglés, puntuable para o campionato de España, que se correrá os días 23 e 24 de abril. En total apuntaronse 69 equipos, con todos os principais favoritos na loita polo título de 2009 presentes debido o maior coeficiente de este rali de dous días. O gañador do Villajoiosa e polo tanto líder do campionato Miguel Fuster estará presente a bordo do seu potente Porsche GT3. Con igual montura estará o gañador da proba canaria no 2008, o galego Sergio Vallejo, así como o valenciano Manuel Aviñó, que sorprendeu no primeiro rali de esta tempada, na sua terra, subindo o podio. O máximo rival dos Porsche será o catalán Xevi Pons co Mitsubishi Evo X Gr. N do equipo Nupel. Con outro Grupo N “español”, un Impreza Prodrive de Subaru España, Enrique García-Ojeda defenderá o título esperando gañar na sua categoría mentres remata de evolucionar o coche. Ojeda tendrá que pelexar tamén co Mitsubisjhi Evo IX de Armide Martín que pilotando na casa será moi competitivo.


Todos estes participantes teñen a posibilidade de conseguir a victoria entre os equipos do campionato de España, nembargantes, para a victoria absoluta da prueba tendrán que loitar contra o Peugeot 307 WRC do canario Luis Monzón, quen o non seguir o campionato, irá a por todas en ésta a sua proba, mentres seus rivais pensen máis en coller puntos en unha proba tan longa e difícil. Ademáis, hai outro coche WRC inscrito, o Focus WRC do tamén local Alfonso Viera. A pesar de haber apostado a FIA polo Super 2000 como coche do futuro no Mundial sustituindo os WRC, en Canarias non haberá ningun correndo, debido en grande parte a nova regulamentación de bridas para os Grupo N. Entre os Grupo A de duas rodas motrices pode haber unha bonita loita entre o Clio R3 de Francisco Cima, o Citroën C2 GT de Jonathan Pérez (este alquilado) e o VW Polo Super 1600 de Ayose Alonso.

O rali está organizado con duas etapas de seis tramos cada unha, contando cada xornada con un tramo de 30 km. Ademáis, o xoves 23 haberá un Shakedown pola mañan. En total son 221,37 km cronometrados os dispostos para a proba. Dada a boa impresión ofrecida en 2008, a FIA otorgou o Rally Canarias un coeficiente 10 para o campionato de Europa, sin haber pedido a preinspección. De feito, a lista de inscritos está organizada en duas partes, unha para os inscritos no campionato de Europa e outra para os inscritos na proba rexional. Para o campionato de España puntuarán todo-los participantes que teñan o coche homoloxado para el.

INSCRITOS EUROPEO




Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba