ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

OUTRAVEZ LOEB


O francés Sebastien Loeb (Citroen) continúa co seu dominio aplastante no Mundial de Ralis,o cal gañou os cinco últimos anos, e gaña tamén o de Portugal, despois de gañalo tamen nas tres ultimas probas.

ABRIR + | PECHAR -

Loeb firmou o triunfo número 51 da sua carreira mundialista e o cuarto (de catro posibles) no que vai de mundial, no que suma o máximo posible de 40 puntos, despoi de pasar polo asfalto de Irlanda, a neve de Noruega, a superficie mixta (tierra/asfalto) de Chipre e a terra de Portugal.

O francés, que non atopa rival, gañóu por diante do finlandés Mikko Hirvonen (Ford), segundo, e o español Dani Sordo, seu compañeiro no equipo Citroen que foi terceiro.

O pentacampeón francés tivo un comenzo de rali complicado, o sufrir unha saida de pista nos primeiros intres da xornada do vernes .Iso fixolle cair ata a séptima plaza, alonxado do enton líder, o finlandés Jari-Matti Latvala (Ford).

Latvala perdeu o mandato despois do escalofriante accidente sufrido na cuarta especial do rali. O finlandés e o seu copiloto, Miikka Antilla, saliron ilesos tras cair por a ladeira dun monte dando voltas de campana durante uns 150 metros.

A partir dese intres, Sordo púxose na cabeza, pero a ledicia duroulle pouco, xa que o líder o final da primeira etapa era Hirvonen. Loeb empezóu a remontar, ata porse na terceira plaza.

O recital de Loeb ia ser o sábado, no que remontóu os veinte segundos que lle separaban de Hirvonen ata acadar ser primeiro neste segundo dia. O francés gañóu todo-los tramos disputados.

Na etapa final, Loeb limitouse a controlar a Hirvonen ata rematar con algo máis de 24 segundos de ventaxa sobre o finlandés e 1:45 sobre Dani Sordo.

"É increíble, a parte do noso erro no primeiro tramo do vernes, foi un rali casi perfecto. Despóis diso quería facer as cousas ben, así que o vernes fomos o límite en todo momento. O sábado e o domingo foron mellores, non tivemos problemas e o coche foi perfecto. Estou moi, moi ledo. Agora todo é posible," comentóu Loeb.

Na segunda posición detras de Loeb por terceira vez esta tempada, Hirvonen volveu a sumar oito puntos para o campionato e é por agora o rival máis cercano do francés, cun total de 30 puntos.

"Empecei o día pensando que era posible gañar, pero o pó foi aumentando e despóis do primeiro tramo me din conta de que en esas condicións non tiña opcións de coller a Sebastien. Esperaba gañar, pero non poido ser. Creo que o segundo posto era o máximo que podía conseguir. Oito puntos están moi ben, porque moitos pilotos non se levaron ningun", dixo Hirvonen.

A terceira posición foi para o español e compañeiro do equipo de Loeb, Dani Sordo, que realizóu a perfección o papel de apoio o frances, e conseguíu seu segundo podio da tempada co C4. "

Estou moi ledo por cómo foi o fin de semana.Sentinme cómodo co coche e coas notas. Cometemos un par de erros leves, pero sintome confiado para a próxima cita, en Arxentina", dixo o español.

A zoa de puntos a completaron os irmans noruegos Petter (Citroen) e Henning Solberg (Ford), e tamén o noruego Mads Ostberg (Subaru), o arxentino Federico Villagra e o emiratí Jalid Al Qassimi (Ford).Tamen salientar o papel que fixo o piloto da casa Armindo Araujo.

A seguinte proba é o Rali de Arxentina, que se disputa do 24 o 26 do presente mes de abril.



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba