ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEGANE MAXI KIT CAR

Despois de dous ralis disputados, e ver cómo en ambos a sorte lle daba as costas, Luis Vilariño ira a terceira cita do Campionato Galego co ánimo de conseguir un bo resultado e empezar a encarrilar a tempada. Ademáis o fará con unha nova máquina: Un Renault Maxi Megane.

ABRIR + | PECHAR -


Voltar a tracción dianteira

O Renault Maxi Megane é un coche nado a mediados dos 90, en pleno apoxeo dos coches tipo “Kit Car” (caso por exemplo do Peugeot 306 Maxi óu do Citroën Xsara) nos ralis.Monta un motor 2 litros atmosférico, con unha potencia que supera os 280 CV , transmitida as rodas dianteiras mediante una caixa de cambios secuencial.

Respecto os coches 4x4, caso do Peugeot 207 Super 2000 que ata agora usaba Vilariño, ou os Mitsubishi Lancer, Vilariño opina que co Maxi Megane

Vamos ter unha desventaxa de falla de tracción cando o asfalto presente un estado resbaladizo, pero por outra parte o coche pesa bastante menos –falamos dun peso en torno a 1000 kgs, frente os 1400 kgs dos Mitsubishi- e polo tanto será máis sinxelo de conducir.Inda teño que probar o coche, pero supoño que para mín será como voltar, agora con máis potencia, a época na que pilotéi o Renault Clio Super 1600, coche co que fomos subcampeóns galegos no 2007.”

Con pedigrí
O Maxi Megane que Vilariño trouxo a Galicia foi construído no seu momento polo preparador luso-francés Jo Barroso, dende fai anos home de confianza do piloto de Palas de Rei no apartado técnico, dándose o caso de que un xovencísimo Sebastien Loeb pilotóu esta unidade nunha cita do Campionato galo, concretamente o Rali Mont Blanc do ano 2000. Ata agora estivo en mans de Josep María Membrado, piloto que logrou numerosos éxitos con él e actual Campión Catalán de Ralis.

Un estreo frente a unha feroz competencia
A falla da publicación da lista oficial de inscritos do Rali Ría de Noia (que se celebra o vindeiro 18 de abril), a Vilariño esperalle na Barbanza unha durísima competencia no estreo da nova montura, pois esperase a presencia entre outros de Pedro Burgo, Alberto Meira, Fernando Rico ou Amador Vidal nos seus Mitsubishi Lancer, así como Manuel Senra e José Martínez Barreiro nos seus Peugeot 306 Maxi.

Próxima proba: XXV Rali Ría de Noia
Organiza: Escudería Berberecho
Días: 17 y 18 abril
Kilómetros totales: 360,25 kms
Kilómetros cronometrados: 101,3 kms
Número de tramos: 8 (4 diferentes)
Día do Rali: 18 abril




Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba