
A combinación dunha paisaxe impresionante, especiais moi rápidas e máis de un millón de xiareiros latinoamericanos fan do Rali de Arxentina unha das probas clásicas do Campionato do Mundo de Ralis.
A de Arxentina será unha das duas únicas probas que se disputen fora de Europa esta tempada, e o ser a única en todo América, atraerá sin dúbida a una grande afición. Como sempre, a base do rali será Villa Carlos Paz, poboación achegada a Córdoba que se volca completamente co WRC durante a semana do rali. De feito, a maioría dos fans acampan, comen festexan nas Pampas, onde se atopan a maior parte dos tramos. É por iso que este rali conta cun ambiente festivo incomparable o de cualquer outro.
Este ano os organizadores fixeron cambios importantes respecto o percorrido do 2008 e diseñaron unha carreira máis compacta. En lugar de visitar cada día un dos tres vales de Córdoba, na primeira e última xornada a acción levarase a cabo nas chairas do Val Punilla, sito o norte de Carlos Paz, mentras que os tramos do sábado ubicaranse o suroeste, nos montes de Traslasierra.
En xeneral os tramos deste rali son areosos e de piso blando; ademáis hai que cruzar varios ríos, polo que na segunda pasada suele haber rodeiras. Nembargantes, as especiais do sábado, en medio dos montes, serán estreitas e estarán cheas de rochas, sin que haxa marxen para erros.
A diferencia da proba do ano pasado, o rali arrancará o xoves 23 de abril con unha nova Súper especial no Estadio de Córdoba, sede da Copa Mundial en 1978. O percorrido do vernes, o norte do Val Punilla, será idéntico o do 2008, mentras que o segundo día os equipos deberán facer duas pasadas polas rochosas especiales do El Cóndor e Giulio Cesare, duas das máis famosas e duras deste ano, cunha altitude de ata 2195m.
0 comentarios:
Publicar un comentario