ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

FERREIRO NO TINEO

O pasado domingo Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo acudiron á veciña comunidade do Principado de Asturias para participar no Rallye de Tineo, unha cita emblemática do rexional asturiano na cal os equipos galegos sempre son moi ben recibidos, debido tamén á proximidade da localidade asturiana con Galicia.

Ferreiro acudía co Ford Escort MKI que empregaba recentemente no Sanremo Histórico e tras unha proba sen problemas lograba rematar na sétima praza da clasificación xeral, ademais de impoñerse no Grupo destinado ós vehículos históricos. O equipo galego era o máis rápido na Copa de Propulsión, impoñéndose a vehículos en teoría máis competitivos.

Realmente saldamos unha conta que tiñamos pendente dende había moito tempo, porque varias veces nos chamaran para participar en Tineo, pero por diversas circunstancias nunca puidemos acudir. O único obxectivo era rodar un pouco máis co Escort MKI e facer gozar aos afeccionados. Todo saíu ben e a iso uniuse o bo resultado que conseguimos, comentaba Jesús Ferreiro ao finalizar a proba.

Por outra parte Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo estarán entre o 21 e o 23 de maio na primeira edición do Rallye de España Histórico, unha proba na que unicamente poderán participar vehículos clásicos e á que os galegos acudirán co Porsche 911 SC

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba