ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

GP F1 de BAHREIN

O equipo Toyota copara a primeira fila da parrilla de saida con Jarno Trulli na pole, algo que non conseguía dende o GP de Japón 2005. Nembargantes, os dous Toyota ian moi lixeiros de combustible e iso aproveitouno Jenson Button para porse na cabeza despois da primeira ronda de paradas nos boxes e conseguir un cómodo triunfo.

ABRIR + | PECHAR -


A partir de ahí, e nunha carreira sin incidentes, o piloto británico de Brawn GP non tivo problemas para ampliar a sua ventaxa o frente da carreira, sobre todo gracias o erro na elección de neumáticos dos Toyota, que elexian neumático duro no segundo stint, mentras o resto dos seus rivais apostaban por o súper blando, bastante máis rápido.

A estratexia de Toyota permitíalle a Sebastian Vettel adiantar a Trulli despois do segundo repostaxe e rematarar a carreira en segunda posición por diante de Jarno Trulli.

A primeira volta foi clave na victoria de Button, xa que o inglés viase adiantado por Hamilton na saida gracias o KERS do McLaren, pero Button lle devolvía o adiantamento segundos despois, o que lle posibilitaba poder adiantar os Toyota despois da primeira parada en boxes.

Trulli rematou na terceira posición completando unha boa carreira que se veu só comprometida pola estratexia de neumáticos do equipo, mentras que Lewis Hamilton loitou por chegar o podio ata as últimas voltas, pero seu rendimento baixaba o final xa que remataba o último stint cos neumáticos máis duros.
Fernando Alonso non poido ser mais que 8º e sumar un punto no seu casillero particular.

1 Jenson Button 22 Brawn GP Mercedes Bridgestone 01:31'48''132
2 Sebastian Vettel 15 Red Bull Renault Bridgestone 01:31'55''369
3 Jarno Trulli 9 Toyota Toyota Bridgestone 01:31'57''352
4 Lewis Hamilton 1 McLaren Mercedes Bridgestone 01:32'10''268
5 Rubens Barrichello 23 Brawn GP Mercedes Bridgestone 01:32'25''961
6 Kimi Raikkonen 3 Ferrari Ferrari Bridgestone 01:32'30''239
7 Timo Glock 10 Toyota Toyota Bridgestone 01:32'31''062
8 Fernando Alonso 7 Renault Renault Bridgestone 01:32'40''957
9 Nico Rosberg 16 Williams Toyota Bridgestone 01:32'46''380
10 Nelson Piquet Jr 8 Renault Renault Bridgestone 01:32'53''331
11 Mark Webber 14 Red Bull Renault Bridgestone 01:32'55''823
12 Heikki Kovalainen 2 McLaren Mercedes Bridgestone 01:33'06''006
13 Sebastien Bourdais 12 Toro Rosso Ferrari Bridgestone 01:33'06''987
14 Felipe Massa 4 Ferrari Ferrari Bridgestone 01:31'55''017
15 Giancarlo Fisichella 21 Force India Mercedes Bridgestone 01:32'01''893
16 Adrian Sutil 20 Force India Mercedes Bridgestone 01:32'04''350
17 Sebastien Buemi 11 Toro Rosso Ferrari Bridgestone 01:32'05''906
18 Robert Kubica 5 BMW-Sauber BMW Bridgestone 01:32'06''822
19 Nick Heidfeld 6 BMW-Sauber BMW Bridgestone 01:32'12''682
20 Kazuki Nakajima 17 Williams Toyota Bridgestone 01:19'09''581



Share/Save/Bookmark

LOEB 5 DE 5

O francés Sebastien Loeb (Citroen) cumpliú cos pronósticos e foi o gañador no Rali de Arxentina, quinta cita do ano, seguido do español Dani Sordo (Citroen), que se pon segundo no mundial por diante do finlandés Mikko Hirvonen (Ford), que tivo que abandonar onte. Ademáis, amosase imbatible na presente tempada onde xa suma cinco de cinco, e son moitos os pronósticos que din que pode facer pleno .

ABRIR + | PECHAR -
Xa ni siquera o ter a victoria prácticamente no bolsillo o parou. Un día máis volvéu a ser o mellor, e iso que detrás del só estaba Sordo, que como segundo do equipo e coa única premisa de facer chegar o coche a meta non lle iba atacar.

Pero o francés amosase insaciable e de volta ia ser o máis rápido cuando o resto do parque agantaba sua posición esperando o peche da carreira sin danar máis da conta as suas mecánicas, algo que non todos conseguiron.

Segundo foiu o español Dani Sordo, que suma un podio máis e dalle outro doblete a Citroen que lle ben de maravilla de cara o Mundial de constructores, no que aumenta sua ventaxa con Ford.

A carreira prácticamente decideuse o sábado, cando Loeb se colocou líder e Hirvonen, o único que podía incordialo, tiña que abandoar o ter problemas de motor que non foi quen de arranxar e non poido reincorporarse a carreira.

Polo tanto o Domingo so era cuestion de levar o coche ata o parque pechado. Non foi nada doado. Había moitas pedras altas que golpexaban de seguido os parachoques e os baixos do coche que podían dar o traste co conseguido en toda a proba. Pero pese as reservas de todos, Loeb volvía a ser o mellor e demostróu que a unión que forma co seu Citroen C4 WRC a dia de oxe é imbatible.

O primeiro en cair foi o finlandés Jari-Matti Latvala (Ford), líder durante a primeira xornada, que acusóu problemas de alimentación do motor do seu Focus e parouse en pleno tramo, no que perdía oito minutos, e toda opción de podio.

Pouco despois era o noruego Petter Solberg (Citroen) quen sufría o mesmo problema, tamén en pleno tramo, inda que este non poido seguir na proba, co conseguinte abandono.

Así, despois de varios problemas era o noruego Henning Solberg (Ford) o que se facía coa terceira plaza seguido do arxentino Federico Villagra (Ford), que co seu cuarto posto consigue a mellor posición da sua vida deportiva.




Share/Save/Bookmark

GP F1 de BAHREIN

NOVO DIFUSOR DE RENAULT
Jarno Trulli conseguíu a Pole Position para o Gran Premio de Bahrein,despois de facelo por última vez no Gran Premio de Estados Unidos 2005. Ademáis, Trulli tendrá unha ventaxa máis: seu compañeiro de equipo Timo Glock ,fará de escudeiro na primera líña da parrilla de saida, o que significa o primeiro doblete nunha sesión de calificación para o equipo Toyota en toda a sua historia.
Alonso sairá dende o posto
Clasificacións de cara a mañan

1º - Trulli - Toyota - 1:33.431

2º - Glock - Toyota - 1:33.712

3º - Vettel - Red Bull - 1:34.015

4º - Button - Brawn GP - 1:34.044

5º - Hamilton - McLaren - 1:34.196

6º - Barrichello - Brawn GP - 1:34.239

7º - Alonso - Renault - 1:34.578

8º - Massa - Ferrari - 1:34.818

9º - Rosberg - Williams - 1:35.134

10º - Raikkonen - Ferrari - 1:35.380

Horario na Sexta -Previa 12:30-Carreira 14:00

Share/Save/Bookmark

DOBLETE CITRÖEN??


"XA ESTAMOS AFEITOS A ESTA IMAXE"

O piloto do Citroën C4, Sebastien Loeb, pecha a segunda xornada do Rali de Arxentina liderando a carreira con unha cómoda ventaxa de 58.6 segundos.

O francés comenzou a xornada en terceira posición, a 16.3 segundos do líder do rali, seu compañeiro de equipo Dani Sordo, e a 11.2 do piloto de Ford Mikko Hirvonen, segundo clasificado nese intre.

Sacando o máximo partido a sua posición de saída, Loeb atacou dende o primeiro minuto de competición, impoñéndose en todos os tramos da mañann e volvendo o parque de asistencia o mediodía en primeira posición e con 7.3 segundos de ventaxa sobre Hirvonen.

Éste contraatacou gañando o primeiro tramo da tarde, pero toda opción de librar una batalla épica co seu rival na loita polo título esfumouse na siguinte especial, cando Hirvonen viuse obligado a abandoar por sobrequencemento do motor do seu coche.

A partir dese intre Loeb e Sordo dominaron a carreira, deixando preparado o camiño para conseguir mañan outro doblete. O voltar o parque de asistencia dempois da súper especial que pechaba a xornada, Loeb dixo que non tiña queixa de cómo lle fora a xornada, pero lamentaba que a loita con Mikko rematase.

“Hoxe fun o ataque dende o comenzo do día ata o fin, fun a tope todo o intre e gracias a iso temos unha ventaxa de casi un minuto, así que foi un día xenial, dixo Loeb. “Tivemos unha boa loita con Mikko, pareceume unha magoa que tivera que abandoar, porque agora a carreira xa non será o mesmo. Ademáis no que o campionato se refire, si rematamos así haberá unha gran diferencia, e non será tan bonito. Mañan o máis importante para mín será non ter erros. Temos unha boa ventaxa respecto a Dani, así que non me fai falla correr. ningún risco.”



Share/Save/Bookmark

VALLEJO GAÑA EN CANARIAS

Rematou este 33º Rali Isla Canarias (El Corte Ingles)e o gañador foi o galego Sergio Vallejo.
Comenzaba o rali,entre abandonos , roturas e problemas de presupostos ,pois o primeiro en abandoar foi o local Luis Monzón,antes de tomar a saida por problemas de patrocinios


Seguiuno o Ford Focus WRC de Alfonso Viera que tampouco duróu moito, xa que un fallo no sistema hidráulico, deixounos fora nos primeiros compases da carreira.Fran Cima,que tivo que abandoar na primeira especial pola avaría no seu Renault Clio R3 e Sergio López Fombona abandonóu tamén na última especial da primeira xornada por rotura do motor.
Con Fuster tamen penalizado por pasar un control fora de tempo, previa parada da Garda Civil que lle pediu todo tipo de documentación, poñiase o rali de cara a un Sergio Vallejo que non deu cuartel e gañou os últimos tramos, chegando a mitade do rali cunha ventaxa de 24”2 sobre Santi Concepción, mentras que Manuel Aviñó saliuse no último tramo, que tivo que ser neutralizado. Así e co retraso de Ojeda,Xavi Pons subía a terceiro posto por diante do penalizado Fuster, mentras que o quinto posto era para o Mitsubishi do canario Yeray Lemes.
Na Copa Suzuki boisimo papel o desempeñado por P. Pazó 2º,P. Rey 3º(boto de menos o seu evo)e M. Souto que de boa gana lle brindará este 5º posto (no seu debut na suzuki)o seu amigo Alex Cid,que nivel en galicia,e J. Perez noso veciño do lado ,entre os millores .



Share/Save/Bookmark

FERREIRO NO TINEO

O pasado domingo Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo acudiron á veciña comunidade do Principado de Asturias para participar no Rallye de Tineo, unha cita emblemática do rexional asturiano na cal os equipos galegos sempre son moi ben recibidos, debido tamén á proximidade da localidade asturiana con Galicia.

Ferreiro acudía co Ford Escort MKI que empregaba recentemente no Sanremo Histórico e tras unha proba sen problemas lograba rematar na sétima praza da clasificación xeral, ademais de impoñerse no Grupo destinado ós vehículos históricos. O equipo galego era o máis rápido na Copa de Propulsión, impoñéndose a vehículos en teoría máis competitivos.

Realmente saldamos unha conta que tiñamos pendente dende había moito tempo, porque varias veces nos chamaran para participar en Tineo, pero por diversas circunstancias nunca puidemos acudir. O único obxectivo era rodar un pouco máis co Escort MKI e facer gozar aos afeccionados. Todo saíu ben e a iso uniuse o bo resultado que conseguimos, comentaba Jesús Ferreiro ao finalizar a proba.

Por outra parte Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo estarán entre o 21 e o 23 de maio na primeira edición do Rallye de España Histórico, unha proba na que unicamente poderán participar vehículos clásicos e á que os galegos acudirán co Porsche 911 SC

Share/Save/Bookmark

SUZUKI PODE VOLTAR

O WRC deste ano xa está sufrindo da falla de fabricantes oficiais involucrados. Pero o ano que ven a cousa tampoco é que pinte moito mellor. A autorización por parte da FIA dos S2000 para o campionato parece que poderá convertirse na solución para 2011, pero en 2010 tanto os WRC como os S2000 correrán xuntos, o que seguirá facendo que a elección máis lóxica para loitar polos laureles mundialistas sexan os coches actuais.

Iso sí, de cara o 2011 o mundial promete, e moito. xa dixemos noutras ocasións dos intereses de marcas como Fiat, Skoda ou Proton en participar no campionato, e agora chegan rumores dende RallyBuzz conforme a marca xaponesa estaría preparándose para voltar o WRC en dous anos. ¿Qué modelo usarían de base? Eu case que apostaría polo Kizashi, inda que omellor sexa demasiado grande para ser competitivo nos enrevesados tramos do mundial.

Share/Save/Bookmark

OJEDA SIN EUROPEO


O Campión de España de Ralis de Asfalto 2008, e Campión do IRC en 2007 veu como se iva o traste o programa que lle unía a Skoda no Europeo de Ralis por problemas do presuposto.

ABRIR + | PECHAR -

Tal e como informa a revista Autopista, nº2597 desta semana, Enrique García Ojeda non tomará parte no Europeo de Ralis pilotando un Skoda Fabia S2000 , como estaba previsto o comenzo. O parecer, os responsables do proxecto, que contactaran principalmente co piloto español para encabezar seu equipo, viron mermado o presuposto de patrocinio que tiñan previsto, en particular a negativa de Shell e deixaron fora do equipo o piloto español.

Según informa Autopista , “Jolly España anunciou a cancelación do programa con Enrique Ojeda e un Skoda Fabia S2000 no Europeo de Ralis despois da retirada de varios patrocinadores, o que levou os hermanos Butti , donos dos dous Skoda , a deixar fora dos seu plans a Ojeda”. Juan Petisco , director do programa, que foi quen conseguiú coa axuda de Skoda-España , que os italianos foran o primeiro equipo privado en recibir un Fabia S2000, tamén foi apartado do programa; mentras que no último intre, os italianos pideron a Ojeda que trouxexe patrocinadores e o non facelo, prescindiron de él.

Juan Petisco : “Rompín as relacións cos irmans Butti, pero non con Skoda. Despois da entrega do primeiro dos dous coches, ex-Kopecky do Montecarlo , xa probado por Ojeda, recomendei que non se entregue a segunda unidade”. Enrique Ojeda : “Os tempos son moi difíciles. Voume centrar no programa Subaru e o final correréi en Canarias. Os italianos pidironme cartos, o que troca totalmente a oferta inicial dos seus plans para o Europeo”.
Despois do troco de plans, Ojeda centrarase na loita polo título do Campionato de España de Ralis o volante do seu novo Subaru, co que inda teñen moito traballo por diante para poder loitar cos Porsche de Fuster, Vallejo ou Aviñó.


Share/Save/Bookmark

TINEO 2009

O Tineo é coto privado de Félix García e o de Trevías volveuno a demostrar na proba que abre o calendario de ralis de asfalto no que o Rexional se refire. Foi o máis rápido dos pilotos que quedaron sobre a carretera na proba tinetense, onde varios dos favoritos tiveron que poñer rumbo o garaxe, por unhas cousas ou por outras, antes de chegar o parque pechado do final.

Con esta victoria no Tineo, Félix García (Mitsubishi Lancer Evo VII) ponse tamén líder do rexional, o que aspira, como a tempada pasada na que disputou un pechado man a man con César Palacio e Miguel Arias. Precisamente estes dous pilotos foron dos primeiros en caer da loita polo triunfo. O vixente campión, por unha avería, mentras que Arias tivo un problema co embrague do seu Clio R3, pero poido sobrepoñerse para ser cuarto.
Jorge López (Mitsubishi Lancer Evo IX) foi segundo a 22 segundos de Félix García, mentras que Manuel Antonio Pérez, 'Rayman', (Mitsubishi Lancer Evo VIII) completóu o podio, a máis de un minuto, en unha proba na que os principais favoritos, os WRC tiveron que retirarse. Nin Julio César Castrillo, co Hyundai Accent WRC primeiro; nin Jesús Fernández, 'Tano', co Subaru Impreza WRC, puderon agantar no primeiro posto. Unha pena, porque é todo un luxo ter eses coches en Asturias. O vindeiro rali puntuable para o campionato de Asturias será o de Grado, o 9 de mayo.


Triunfo de Fombona
José Antonio Fombona (Audi A4ST) venceu sobradamente na Subida a Ubrique, a proba inaugural do Nacional de Montaña. Foi sexto e quinto, respectivamente en cada manga, e o primeiro dos vehículos carrozados, non dando tregua os seus rivais.
Óscar Palacio (BRC Evo 05) foi o outro asturiano o que lle salíu un bo fin de semana en Ubrique. Consiguíu un terceiro posto na manga do Domingo, despois de ser segundo o Sábado, con Pedro Roca como gañador cun Silver Car.

Share/Save/Bookmark

RALI DE ARXENTINA


Faltan uns dias para o comenzo do rali re Arxentina,5ªproba do WRC.
A combinación dunha paisaxe impresionante, especiais moi rápidas e máis de un millón de xiareiros latinoamericanos fan do Rali de Arxentina unha das probas clásicas do Campionato do Mundo de Ralis.

A de Arxentina será unha das duas únicas probas que se disputen fora de Europa esta tempada, e o ser a única en todo América, atraerá sin dúbida a una grande afición. Como sempre, a base do rali será Villa Carlos Paz, poboación achegada a Córdoba que se volca completamente co WRC durante a semana do rali. De feito, a maioría dos fans acampan, comen festexan nas Pampas, onde se atopan a maior parte dos tramos. É por iso que este rali conta cun ambiente festivo incomparable o de cualquer outro.

Este ano os organizadores fixeron cambios importantes respecto o percorrido do 2008 e diseñaron unha carreira máis compacta. En lugar de visitar cada día un dos tres vales de Córdoba, na primeira e última xornada a acción levarase a cabo nas chairas do Val Punilla, sito o norte de Carlos Paz, mentras que os tramos do sábado ubicaranse o suroeste, nos montes de Traslasierra.

En xeneral os tramos deste rali son areosos e de piso blando; ademáis hai que cruzar varios ríos, polo que na segunda pasada suele haber rodeiras. Nembargantes, as especiais do sábado, en medio dos montes, serán estreitas e estarán cheas de rochas, sin que haxa marxen para erros.

A diferencia da proba do ano pasado, o rali arrancará o xoves 23 de abril con unha nova Súper especial no Estadio de Córdoba, sede da Copa Mundial en 1978. O percorrido do vernes, o norte do Val Punilla, será idéntico o do 2008, mentras que o segundo día os equipos deberán facer duas pasadas polas rochosas especiales do El Cóndor e Giulio Cesare, duas das máis famosas e duras deste ano, cunha altitude de ata 2195m.

Segúndo a regulamentación do Campionato relativa os neumáticos, so está permitido usar un modelo na maioría de probas do WRC, e en Arxentina serán os Scorpion Pirelli 205/65R15 de composto blando para terra.
Os competidores poderán levar dous recambios, pero estará prohibido facer cortes adicionais.


LISTA DE INSCRITOS>>


Share/Save/Bookmark

GP CHINA

Fernando Alonso rematou o GP de China en novena posición despois dunha carreira na que primeiro a chuvia, despois a estratexia e por último un erro de pilotaxe deron o traste as posibilidades de poder entrar nos puntos.
O piloto español de Renault amosabase moi decepcionado o remate da carreira: “Todo o que podía sair mal salióu.É unha magoa, e estou triste. Saía por diante con un bo coche para seco, pero estaba chovendo. Cuando iba detras do coche de seguridad decidín entrar a votar gasolina e xusto unha volta despois meteuse en boxes. Cada cousa que facíamos salianos o revés. Hoxe dende logo non foi un bo día”.

Alonso recoñecía que non está tendo nada de sorte. “Molestame que todo saia mal este ano. O ano pasado íbamos tamén mal pero en Singapur tuven sorte e logréi a victoria. Esta tempada o principio parecía que íbamos regular e agora está claro que tenemos que mellorar. Só tenemos catro puntos e para loitar polo campionato non é suficiente”.

Respecto as melloras introducidas no coche este fin de semana, Alonso explicaba que as condicions non permitiron valoralo en demasía. “Con respecto o novo difusor, con auga realmente non se nota. A intención nosa dende o principio era acabar como fora a carreira. Converteuse nun test para ver cómo vai o fondo novo, si funciona e si é fiable. Esa foi a única nota positiva que podemos sacar desta carreira, e de cara a Bahrein todo está probado”
.

Share/Save/Bookmark

RESUMEN XXV RALI DE NOIA

Unha magoa o dos irmans Burgo,por un erro nada común en eles(foron penalizados con dous minutos,por entrar antes de tempo nun control),rematarán gañando seguro,animo!!.Por outro lado noraboa a Sergio Perez porque daba escalofrios velo pasar,na horquilla do Tambre o millor con diferencia.
Manolo Senra uf!! parecia un misil, que pena esa rotura porque estaria arriba de seguro, tiña que participar en mais ralis,incomprensible o de Bamarti, inda que eu non o vin tan forte como nos ralis anteriores e Meira un pouco conservador fixo a sua carreira.
Vilariño o final 5º non e mal posto para ser a primeira carreira co Megane .
Amador Vidal encantoume,simplemente fortisimo todo o rali con un par de narices .
Os da RACC moi forte tamen ,sobre todo pola tarde co terreo mais seco pois nos tramos da mañan tiñan que ser mais prudentes polo estado esbaradio do asfalto,cousa que non lle favoreceu nada a David Grandal que inda que iva moi rapido pola tarde ,a maña debeu perder tempo respecto os seus rivais Bruno Meira e Adrián Díaz.
Decimos que debeu perder tempo porque o unico erro que se pode destacar neste rali e a falla de información de tempos ,tanto os pilotos como os aficionados.
En liñas xerais boisimo rali no que o final acompañou o tempo,agora esperar o seguinte.
- Sergio Pérez - Mario Tomé
-Amador Vidal - Francis Lema
-Pedro Burgo - Marcos Burgo
-Alberto Meira - Álvaro Bañobre
-Luis Vilariño - Moncho López
-Javier Ramos - Marcos Costoya
-Bruno Meira - Leticia Rodríguez
-Adrián Díaz - César Díaz
-Tino Iglesias - Jorge Iglesias
10º -David Grandal - Javi Varela

Share/Save/Bookmark

NACIONAL


A loita polo campeonato de España de Ralis trasladase a Canarias donde se celebrará a segunda cita, de duas xornadas e maior coeficiente, polo que todos os pilotos importantes estarán presentes.



ABRIR + | PECHAR -



O mércores 15 de abril terminóu o plazo de inscripción para o 33 Rally Islas Canarias Trofeo Corte Inglés, puntuable para o campionato de España, que se correrá os días 23 e 24 de abril. En total apuntaronse 69 equipos, con todos os principais favoritos na loita polo título de 2009 presentes debido o maior coeficiente de este rali de dous días. O gañador do Villajoiosa e polo tanto líder do campionato Miguel Fuster estará presente a bordo do seu potente Porsche GT3. Con igual montura estará o gañador da proba canaria no 2008, o galego Sergio Vallejo, así como o valenciano Manuel Aviñó, que sorprendeu no primeiro rali de esta tempada, na sua terra, subindo o podio. O máximo rival dos Porsche será o catalán Xevi Pons co Mitsubishi Evo X Gr. N do equipo Nupel. Con outro Grupo N “español”, un Impreza Prodrive de Subaru España, Enrique García-Ojeda defenderá o título esperando gañar na sua categoría mentres remata de evolucionar o coche. Ojeda tendrá que pelexar tamén co Mitsubisjhi Evo IX de Armide Martín que pilotando na casa será moi competitivo.


Todos estes participantes teñen a posibilidade de conseguir a victoria entre os equipos do campionato de España, nembargantes, para a victoria absoluta da prueba tendrán que loitar contra o Peugeot 307 WRC do canario Luis Monzón, quen o non seguir o campionato, irá a por todas en ésta a sua proba, mentres seus rivais pensen máis en coller puntos en unha proba tan longa e difícil. Ademáis, hai outro coche WRC inscrito, o Focus WRC do tamén local Alfonso Viera. A pesar de haber apostado a FIA polo Super 2000 como coche do futuro no Mundial sustituindo os WRC, en Canarias non haberá ningun correndo, debido en grande parte a nova regulamentación de bridas para os Grupo N. Entre os Grupo A de duas rodas motrices pode haber unha bonita loita entre o Clio R3 de Francisco Cima, o Citroën C2 GT de Jonathan Pérez (este alquilado) e o VW Polo Super 1600 de Ayose Alonso.

O rali está organizado con duas etapas de seis tramos cada unha, contando cada xornada con un tramo de 30 km. Ademáis, o xoves 23 haberá un Shakedown pola mañan. En total son 221,37 km cronometrados os dispostos para a proba. Dada a boa impresión ofrecida en 2008, a FIA otorgou o Rally Canarias un coeficiente 10 para o campionato de Europa, sin haber pedido a preinspección. De feito, a lista de inscritos está organizada en duas partes, unha para os inscritos no campionato de Europa e outra para os inscritos na proba rexional. Para o campionato de España puntuarán todo-los participantes que teñan o coche homoloxado para el.

INSCRITOS EUROPEO




Share/Save/Bookmark

BURGO O ATAQUE !!


A localidade de Noia será este vindeiro fin de semana centro da actividade automovilística en Galicia coa disputa dunha nova proba do Campionato Galego de Ralis. Pedro e Marcos Burgo co seu Mitsubishi EVO VIII estarán na saida da carreira coa intención de acadar a sua primeira victoria da tempada do ano e esquecerse dos problemas mecánicos que lles impediu brilar neste comenzo de ano.

O equipo de Hankook-Café Candelas confía en poder loitar polo triunfo neste Rali Ría de Noia, dónde se convertiron nos grandes dominadores, gañando nas tres últimas edicións.

Aquí foi ademáis donde conseguiron sua primeira victoria absoluta no Campionato Galego formando equipo con Hankook, sendo polo tanto o escenario perfecto para atoparse de novo co máis alto do podio. Tarefa complicada en vista da lista de inscritos, tanto polo nivel de maquinaria como de pilotos, pero que non amedrenta en nada o conxunto lucense.

“É certo que pequenos problemas non nos deixaron empezar con bo pe a tempada, pero esperamos que a partir de agora as cousas vaian a mellor.
O Rali de Noia sempre se nos deu ben, dende que fai tres anos empezamos a nosa aventura no Campionato Galego. Sabemos que a primeira plaza vai a estar complicada, pero agora mesmo é noso obxetivo prioritario e por ela vamos a pelexar dende o primeiro kilómetro.”

Share/Save/Bookmark

TEAM MAYADOR


Comeza o Campionato de España de Montaña 2009, coa XIV Subida a Ubrique, que este fin de semana se celebra na localidade gaditana e cita na que de novo o Team Mayador será un dos equipos en liza co Renault Sport Mègane Trophy en mans de José María Magdaleno.

ABRIR + | PECHAR -

Para iso o Team Mayador ten listo todo o seu equipo, e partirá cara a terras andaluzas coa idea de lograr unha boa clasificación no seu grupo, o A2, e unha vitoria na súa Clase, a 15.

Estamos nun bo momento, e é que xa lle temos o "feeling" collido ao Renault Sport Mègane Trophy e nesta tempada sabemos que podemos estar moi arriba nas clasificacións xerais e por suposto no noso grupo e na nosa clase, onde optamos ao triunfo, comenta José María Magdaleno antes da proba gaditana, da que di "é unha subida moi bonita, conta con bastante arraigamento en Ubrique, e é que en Andalucía hai bastante afección polo automobilismo de montaña. O seu trazado de escasos cinco quilómetros comezan cun piso moi bo e ancho e con curvas con peraltes moi bos que nos favorecen aos coches "circuiteiros" como o noso, logo dende un cruzamento pasa a ser un trazado máis estreito con moitas viraxes que dá paso a outra zona rápida ata chegar á coñecida como "Curva do Pluviómetro" onde se concentran moitos afeccionados, logo na parte final seguen moitas curvas e todo iso cun piso moi bo dende que a asfaltaron hai uns anos; conclúe o piloto do TEAM MAYADOR sobre o percorrido da proba que se disputa a dobre xornada, como é habitual, coa Fase A o sábado e a Fase B o domingo.

Así, as verificacións administrativas e técnicas terán lugar o venres 17 dende as 15:00h no Centro Comercial Hipersol, para dar comezo a primeira manga, a de adestramento, ás 15:00h do sábado 18. A carreira oficial da Fase A será ás 18:00h. Xa na xornada dominical o horario das diferentes mangas será dende as 09:00h a de adestramento, e a carreira oficial da Fase B ás 12:15h. A publicación dos resultados oficiais será ás 13:45h e a entrega de premios, que pon o punto final á proba, ás 14:00h na Praza de Touros de Ubrique.




Share/Save/Bookmark

OS DIFUSORES SON LEGAIS

O Tribunal de Apelación da FIA desestimou as protestas de Renault, Red Bull e Ferrari ante a presunta ilegalidade dos difusores. Xa non hai dubida: son legais.

Despois de oito longas horas en París, o Tribunal de Apelación e os comisarios decidiron que os difusores de Brawn GP son"correctos", o igual que os de Williams e Toyota.

O comunicado oficial apunta a que as apelacións rexeitaronse basándose en "argumentos evidentes" e que "os coches en cuestión cumplen coa regulamentación aplicable".

"As razóns desta decisión saberase en breve", dixo a FIA

Share/Save/Bookmark

MEIRA-BAÑOBRE

Durante este fin de semana, os equipos participantes no Campionato Galego de Ralis fixeron os recoñecementos do que será o itinerario da terceira proba, o Rali Ría de Noia, que se correrá o vindeiro fin de semana.

Concretamente o venres 17, o Malecón de San Lázaro voltará a inundarse de ambiente automovilístico, coa presencia o largo da tarde de máis dun cento de coches de competición, que pasarán as pertinentes verificacións e ficaran no parque pechado que será o sitio de comenzo e saida da proba.

O Mitsubishi Lancer Evo IX tripulado por Alberto Meira e seu copiloto Álvaro Bañobre será sin dubida un deses coches que vai atraer as miradas dos xiareiros, tanto nos entrenos como na xornada do rali, non en vano o piloto de Gondomar ven de lograr a victoria da sua categoría no pasado Rali do Cocido, e en Noia é un dos serios candidatos a repetir triunfo no grupo N, ou incluso a un podio na clasificación xeral scratch.

Meira ten claros os seus obxetivos:

“Noso coche sae con preparación do grupo N, polo que estamos falando duna desventaxa duns 40 cabalos respecto os Mitsubishi do grupo A, como é o caso de Burgo, Rico ou Vidal, que lóxicamente serán os que poidan disputarse a victoria absoluta frente os Kit Car de Senra, Bamarti e Vilariño. Nosa única oportunidade de superalos é que chova, xa que si o asfalto esta esbaradio a potencia xa non é tan importante, e nosa desventaxa disminue. De feito o ano pasado empezamos este rali moi forte, rodando a pocos segundos de Pedro Burgo no comenzo, gracias a chuvia. Por todo iso o obxetivo é gañar o grupo N, e a partir de ahí, xa veremos si podemos facer algo máis.”

Piloto e copiloto coinciden o afirmar que

“Debemos manter a cabeza fría, xa que un percance no que se danase o coche podería comprometer a nosa participación en vindeiras citas.”


Share/Save/Bookmark

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba