ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

O CAMPIÓN COLLERÁ RITMO NA ULLOA

Pedro e Marcos Burgo afrontan este próximo fin de semana o primeiro rallye do campionato galego de rallyes.

A pesar de que en 2010 o obxectivo prioritario é o Campionato de España de Gr.N, competirán no III Rallye Comarca da Ulloa para coller ritmo de competición e afrontar con garantías a primeira proba do Campionato de España.

Para este III Rallye Comarca de Ulloa o Candelas Rallye Team competirá a bordo do seu Mitsubishi Lancer EVO VIII Gr.A, un tipo de vehículo que o levou á conquista dos 2 últimos campionatos galegos.

O rallye disputarase na xornada de sábado e constará de 10 tramos cronometrados.
Pedro comenta acerca desta proba é un rallye rápido, non é o rallye máis propicio para a nosa montura, pero tentaremos aproveitar as nosas bazas e loitar en todo momento cos pilotos da cabeza.

O obxectivo neste rallye será, sen dúbida, coller ritmo de competición, loitar pola vitoria e brindarlla aos nosos patrocinadores para agradecerlles o seu apoio.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba