ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MINI NA ELITE DOS RALLYS

Na sede Prodrive de Banbury, en Inglaterra, os accesos a un sector da construción, están absolutamente clausurados. Dentro, está a tomar forma o que constituirá un hito na historia do rally. Corenta anos despois do seu período de gloria, aquel que causase asombros por todas as partes, a sensacional creación de Alex Isigonis, retomará o seu rumbo no rally mundial.

Farao no peor momento da categoría, con acento alemán suplantando a estirpe sajona, pero en definitiva retornando un nome que por si, conmoveu a xeracións afeccionadas ao rally co andar de Hopkirk, Aaltonen, Timo Makinen entre outros.

Volve o Mini Cooper!!.

Farao sobre a versión do Crossover de tracción múltiple, cunha motorización 1.6 turbo segundo puido conocerse coa presenza de directivos de BMW, dona da licencia, presentes no Rally de Suecia, onde concorreron para husmear o ambiente da man do construtor británico.

A súa aparición para o primeiro fogueteo parece ter data definida e agárdase con expectativa o comezo do verán europeo para poder iniciar as primeiras prácticas.

Mentres, Mats Ostberg o piloto noruegués vinculado a Subaru por anos, manifestou que está en tratos, para ser precisamente primeiro o probador e logo o piloto da nova unidade, que podería correr un rally nacional, antes de incorporarse ao rally mundial sendo até agora o único proxecto desa cilindrada en adherir á suposta norma, si é que a actividade non se detén pola pouca capacidade de convocatoria.
Xa o publicamos es septembro aqui>>

O lanzamento oficial, está programado para o Salón Internacional de Xenebra en marzo próximo.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba