ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

COMENZA A TEMPADA

"O Comarca dá Ulloa". A contorna de Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla volverá ser epicentro da actualidade automobilística galega, cun rali que conseguiu reunir a máis dun centenar de equipos inscritos.
Esta proba será como sempre moi especial para o piloto Luís Vilariño, que á marxe de ser un dos habituais protagonistas do campionato, é a auténtica alma máter da carreira e principal impulsor do automobilismo nesta zona de Galicia.(Xunto o queridísimo Xesús Ferreiro)

A este respecto, Luís afirma:"-Creo que este rali dá a coñecer a comarca, e axuda a promocionar a actividade hostaleira e turística non só durante os días da carreira, senón tamén o resto do ano. A nivel organizativo estou rodeado por un amplo e competente equipo, o que estou seguro redundará en que o rali sexa todo un éxito."

No deportivo, Vilariño tentará pór na Ulloa a "primeira pedra" no seu camiño a por o campionato: "-A pasada tempada resultou máis de adaptación que outra cousa. O Megane chegou na terceira carreira do ano, e despois tivemos demasiados abandonos por pequenos fallos mecánicos, ou algún erro meu. Non fixen todos os quilómetros que me gustou, pero creo que houbo unha progresión ao longo do ano, e cada vez funme atopando máis cómodo con este coche. A ver si este ano iso tradúcese en bos resultados!"


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba