ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ALBERTO MEIRA NO RALLY TORRIE

Despois da súa brilante vitoria na primeira proba do Campionato Galego fai algúns días, Alberto Meira acudirá a unha proba internacional os próximos 5 e 6 de marzo. Concretamente trátase do Rali Torrié, proba organizada pola escuadra lusa "Targa Clube", e que suporá o inicio de actividade no Campionato de Portugal de ralis.
Meira expón os motivos desta participación: "-A organización desta proba convenceunos para desprazar o noso equipo e competir nela. A min paréceme unha boa oportunidade de facer quilómetros co coche e probar cousas de face a esta tempada, en que vou loitar polo campionato galego."

Sobre as posibilidades deportivas nesta proba, Meira comenta que: "-Practicamente non nos xogamos nada, aínda que é evidente que a nosa idea é sempre o facer un bo resultado, para que a repercusión dos nosos sponsors sexa maior na prensa. Nese sentido penso que o imos a ter difícil fronte aos vehículos Super 2000 de Vitor Pascoal e Bernardo Sousa, así como o Porsche de Pedro Fontes. Por non mencionar a todos os pilotos portugueses que teñen coches como o meu e que sen dúbida terán a baza do coñecemento do terreo."

Acerca da experiencia previa, Meira explica que: "No 2002 vin correr este rali nun Fiat Punto, cando aínda se chamaba Casino de Póvoa e eu estaba a empezar. Pero os tramos eran por outra zona e aquilo non vai ter nada que ver."

Á marxe de Alberto Meira e Álvaro Bañobre no Mitsubishi Lancer Evo X, o equipo desprazará tamén outro Mitsubishi Lancer Evo IX co que competirá o irmán menor de Alberto, Bruno Meira, que en 2009 foi outro dos pilotos máis destacados (Gañou o Volante RACC Galicia do campionato galego, así como a Challenge Galicia (para a que puntuaban as citas galegas do campionato de España: Rías Baixas, Ourense e Ferrol) e que por primeira vez participará nun rali a bordo dun vehículo 4×4.


Rali Torrié
· Primeira cita do Campionato de Portugal de Ralis 2010
· Sede nas localidades de Vieira do Minho e Povoa de Lanhoso
· Quilómetros totais: 269,34 kms
· Quilómetros cronometrados: 119,59 kms
· Número de tramos: 12 (8 distintos)

Tramos venres 5 marzo -Hora paso 1º:
A) Superespecial Povoa Lanhoso (2,6 kms) ? 8h38 e 11h53

Tramos sábado 6 marzo -Hora paso 1º:
B) Serradela (8,3 kms) ? 10h17 e 12h22
C) Pinheiro-Santa Marta (12,41 kms) ? 10h36 e 14h55
D) Ermal-Carvalhal (13,14 kms) ? 11h04 e 15h23
E) Verim-Soengas (14,55 kms) ? 11h42 e 16h01
F) Superespecial Vieira do Minho (2,30 kms) ? 14h25
G) Ermal-Oliveira (15,25 kms) ? 17h21
H) Superespecial Povoa Lanhoso II (2,8 kms) ? 18h10

Para seguir o rali: www.targa.pt
Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba