ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VALLEJO E MUÑIZ EXCLUIDOS DO RIAS BAIXAS

Miguel Fuster foi declarado gañador do rally Rías Baixas, que se disputou o pasado fin de semana, tras a decisión adoptada polo Colexio de Comisarios Deportivos da Federación Española de Automobilismo de excluír a Sergio Vallejo e Álvaro Muñiz.
O incidente protagonizado por Vallejo e Muñiz ao remate da cuarta sección ten outras consecuencias na clasificación final do rally, ademais da vitoria de Miguel Fuster (Porsche 911 GT3). No segundo posto clasificouse Xevi Pons (Mitsubishi EVO X) e no terceiro, Enrique García Ojeda (Subaru Impreza WRX STI).
Falta prevista no regulamento
Os comisarios descalifican ao vehículo número 4 (Porsche 911 GT3 de Sergio Vallejo) "por chegar ás inmediacións do IFEVI sendo empuxado polo vehículo número 15 (Mitsubishi Evo IX de Muñiz) previo á entrada ao control horario 9 A", e, polo tanto, "por ser autor dunha falta prevista no artigo 25.4 do Regulamento Deportivo de rallies de asfalto".

O vehículo de Muñiz foi excluído por incorrer na mesma falta que penaliza o artigo 25.4 ("remolcar, transportar ou facer empuxar o vehículo, pode chegar á exclusión da proba a criterio dos Comisarios Deportivos").

Posibilidade de recurso
Contra esta resolución do Colexio de Comisarios Deportivos do Rías Baixas, os dous equipos implicados poden presentar un recurso ante o Tribunal Nacional de Apelación e Disciplina da RFE da no prazo de 2 días hábiles a partir da data de notificación.

Por este motivo, o Colexio de Comisarios segue sen dar oficialidade á clasificación final do rally, aínda que na provisional xa non inclúen a ningún dos vehículos implicados no "incidente".

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba