ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

RANTUR E ALEX CID NO PODIO

Tralo éxito obtido polo equipo local formado por Jorge Antonio González "Rantur" e Alex Cid a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo X de RMC Motorsport. E é que a carreira realizada por "Rantur" volveu ser o centro de atención dos afeccionados ourensanos e galegos que ao longo dunha calurosa xornada volveron responder á chamada do nacional de ralis na provincia de Ourense.

Comezou a proba con "Rantur" adaptándose a un vehículo totalmente novo para o, pero deixando claro que era un dos chamados a estar ás dez e media da noite na Praza Maior de Ourense, xa que as súas cronos foron de menos a máis pero sempre no grupo dos cinco primeiros equipos, chegando ao mediodía a estar loitando xa pola terceira praza da xeral.

ABRIR + | PECHAR -


Coas seccións da tarde, só quedaba conter esa terceira praza cunha holgura suficiente, e manter un bo ritmo de carreira para logra subir ao podium, algo que se logrou sen maior problema pois non había rivais coa proximidade suficiente que puidese poñer en perigo o posto de bronce do 42 Rallye de Ourense.

"foi unha boa carreira, fómosnos adaptando ao coche segundo faciamos quilómetros e ao mesmo tempo tiñamos que ir moi atentos e concentrados xa que os tramos estaban moi rotos e sucios e un pinchazo podería poñer en perigo a nosa posición. Pero pronto vimos que non podiamos nin arriscar máis para pelexar por unha praza mellor nin tampouco viamos perigo por detrás ao ter unha marxe ampla de segundos sobre o cuarto clasificado, polo que optamos por manter unha terceira praza que nos deixa máis que satisfeitos" comentaba Jorge González "Rantur" trala finalización da proba.
"Agora o noso futuro pasa por conseguir un orzamento para poder acudir a algunha proba máis do nacional, aínda que tampouco descartamos o poder participar noutros rallyes, por exemplo do Campionato de Galicia. A nosa ilusión é correr e aquí conseguímolo grazas ao apoio das nosas familias e amigos, e a diferentes empresas que con pequenas cantidades axudáronnos, e por iso queremos agradecerlle a todos eles o que aposten por nós e brindarlle a todos eles esta terceira praza conseguida nun rallye tan difícil como foi este" remataba Jorge "Rantur" tras demostrar, unha vez máis, que é un deportista capacitado para estar nos primeiros postos dun certamen como o Campionato de España de Rallyes de Asfalto.



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba