ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

O finés Mikko Hirvonen (Ford) finalizou líder o segundo día do Rally de Polonia, oitava cita do mundial, no que tivo que mostrar coraxe para defender o seu posto ante o español Dani Sordo (Citroen) e, de terminar así, se aupará ao liderato do Mundial.
En segunda posición, atópase o seu compañeiro e compatriota Jari-Matti Latvala, a doce segundos, aínda que este xa dixo que non ten intención de atacar a vitoria, mentres que Sordo, terceiro, finalizou a 38.5 segundos, cando a metade do día estaba a menos de vinte e con opcións de acabar moi preto do liderato.
O francés Sebastien Loeb (Citroen), que onte abandonou, hoxe se reenganchó e rodou entre os mellores, aínda que con 20 minutos de penalización, atópase moi atrás. A súa única intención é sumar algún punto para Citroen no mundial de constructores, posto que non sumará para o Mundial de pilotos o que lle supoñerá, se a proba finaliza como hoxe, que perda o liderato do mundial.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba