ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BURGO ATACARÁ EN NARON

Pedro e Marcos Burgo buscarán este sábado unha vitoria no Rallye de Narón que lles sirva para afianzarse á fronte da clasificación xeral. Saben que non será tarefa sinxela en vista da impresionante lista de inscritos na que os Mitsubishi alcanzan números de marca, o que dá unha mostra do complicado que se venderá a vitoria en Narón.

Tras o triunfo no pasado Rallye do Albariño, os irmáns Burgo lograron recuperar o primeiro posto na clasificación xeral do Campionato Galego. En Narón o equipo tentará ademais terminar coa serie de problemas mecánicos que lles estivo complicando o inicio da tempada. Terminar un rallye sen maiores sobresaltos será un plus engadido á vitoria que tentarán alcanzar na comarca de Ferrolterra, onde os pilotos da zona suporán un importante obstáculo a superar.
"Esta sendo un comezo de tempada complicado, moito máis que o ano pasado. O positivo é que a pesar de todo estamos líderes do Campionato Galego e dependemos de nós para revalidar o título. En Narón as cousas van estar complicadas porque haberá unha boa cantidade de pilotos con bos coches. Hai pilotos que aínda que non seguen o Campionato coñecen ben a zona e serán rivais moi complicados" explicaba Pedro Burgo previamente á disputa do Rallye de Narón.

Esta edición do Rallye de Narón estará composta por un total de cinco tramos, que se disputarán a dobre pasada. Dous deles pola mañá, un pola mañá e a tarde, e os outros dous vespertinos. Trátase de tramos pequenos, non chegando ningún deles aos doce quilómetros, o que obrigará aos pilotos a dar o máximos desde o primeiro metro. En total os pilotos afrontarán 92,9 quilómetros de loita contra o crono para saber quen será o novo vencedor do Rallye de Narón.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba