ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

PABLO REY VOLTA O GALEGO

Facendo un paréntese na súa participación na Copa Suzuki Swift do nacional, Pablo Rei voltará ao Campionato de Galicia de rallyes, no cal se proclamou campión de Grupo N o ano pasado, para competir de novo cun Mitsubishi Lancer, aínda que neste caso sobre un modelo Evo VII de AR Vidal e inscrito en Grupo A.

Sen ningún obxectivo concreto, Pablo Rei sairá na proba local cun novo copiloto que ademais debuta en competición, como é Luís Hernández. "Luís é un bo amigo meu e ao non buscar un resultado como a tempada pasada, aproveitamos a situación para que me acompañe e goce desde dentro. Creo que o conseguiremos, porque as sensacións que ofrece o Mitsubishi son moi boas para calquera afeccionado aos rallyes. Isto serviranos tamén para non perder a forma, pois a Copa Suzuki Swift non retornará até Ferrol, durante a última semana de agosto", comentaba o piloto naronés.

O Rallye Cidade de Narón é unha das mellores probas do campionato galego segundo a opinión dos pilotos que habitualmente participan nela. Pablo Rei e Luís Hernández partirán co número 7 nas portas da súa Mitsubishi Lancer Evo VII. Lembramos que a páxina web da proba é www.rallyenaron.org e que ademais se pode seguir o desenvolvemento da mesma en Cadea Dial-Rías Altas (98.5 de FM).

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba