ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ASI SE DEMOSTRA QUEN É O MELLOR

O Nupel Team chegou a Ourense coa intención de esquecer os convulsos sucesos das últimas semanas para demostrar sobre o asfalto a súa supremacía. Non cabe dúbida que o equipo lucense é hoxe en día, o máis potente do Nacional de rallyes e esa superioridade demostrárona este sábado ao copar os dous postos máis altos do podio, grazas á vitoria do lucense Sergio Vallejo e o segundo lugar de Xevi Pons. Este último colócase ademais líder do certame nacional tras o abandono de Miguel Fuster (Porsche 911) por mor dunha rotura no cambio do seu vehículo.

ABRIR + | PECHAR -

As altas temperaturas, aínda que non tan extremas como en edicións anteriores, acompañaron aos pilotos durante toda a xornada, o que provocou numerosos abandonos entre os 54 pilotos que tomaron a saída desta edición do rallye ourensán. Os tramos da mañá, con asfalto moi roto e grava miúda solta, propiciaron que o Mitsubishi Lancer Evo X de Xevi Pons impuxese valíaa da súa tracción integral fronte á traseira dos Porsche 911 de Vallejo e Fuster. O piloto catalán do Nupel Team fíxose na primeira parte da proba cunha considerable vantaxe que chegou a superar o medio minuto con relación a Vallejo e Fuster, encerellados por aquel entón nunha pechada loita polo segundo lugar. Coa chegada do sétimo tramo do día, o clásico do Canón do Sil, os irmáns Vallejo chegaban a terreo máis propicio para o seu vehículo e non deixaron pasar a ocasión. Nos pouco máis de 22 quilómetros desta especial, Vallejo limou en 25,8 segundos a súa desvantaxe con Pons e, sobre todo, abría unha importante brecha con Fuster, que se viu impotente para seguir o gran ritmo dos irmáns de Meira. A loita polo triunfo da carreira quedaba así entre os pilotos do Nupel Team, sobre todo, cando ao final dese mesmo tramo Fuster rompeu o cambio do seu vehículo e viuse obrigado a abandonar a proba. Nos dous seguintes tramos da carreira, os irmáns Vallejo volveron marcar o mellor tempo para pasar a liderar a proba, pero cunhas diferenzas moi axustadas con relación a Pons, o que deixaba as espadas no alto de face á última cronometrada da carreira. Superados certos problemas previos coa elección de neumáticos, Pons saía a por todas nesta última especial. Marcou o mellor tempo e avantaxou en 8,9 segundos a Sergio Vallejo, que puido conservar sete segundos de vantaxe sobre o catalán, o que lle deu a vitoria final. Cuarto posto para Muñiz e retirada de Burgo O terceiro posto foi para o piloto ourensán Jorge González Rantur, mentres que Álvaro Muñiz, pilotando o segundo Mitsubishi do Nupel Team finalizou nun máis que meritorio cuarto posto. O outro lucense presente na proba, Pedro Burgo, non tivo demasiada fortuna nesta carreira, con diversos problemas ao longo do día, que se agravaron na sétima especial do día coa rotura dun amortiguador, que lle obrigou a retirarse.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba