ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

KIMI RAIKKONEN NO WRC

Kimi Raikkonen, campión do mundo de Fórmula 1 en 2007, fará a súa debut no mundial de rallys na competición do seu país natal ao volante dun Fiat Abarth. Kimi aproveitará o parón da F1 no verán para gozar dunha das súas paixóns.

Parece que cada vez tómallo máis en serio, e aínda que o seu axente non pare de repetir que corre rallys por diversión, o debut de Kimi Raikkonen no mundial de rallys é un paso máis para converterse nun futuro en piloto da especialidade a tempo completo, tal e como auguran os que lle coñecen. Logo de participar nun par de rallys no seu país natal sobre neve, onde acabou 13º e 17º, e nun de asfalto en Italia (tivo que abandoar), Raikkonen tomará parte no rally de Finlandia do mundial, aos mandos dun Fiat Abarth Grande Punto S2000.

Sempre co permiso de Ferrari, Raikkonen participará na súa primeira proba do WRC aproveitando o parón de case un mes que ten a Fórmula 1 entre os Grandes Premios de Hungría e Europa. Hai que recordar que o rally de Finlandia comezará o 30 de xullo, xusto catro días logo de disputarse a carreira húngara de Fórmula 1. O copiloto de Kimi volverá ser Kaj Lindström, ex copiloto do campión Tommi Makinen, quen dicía que "Kimi é un superdotado con todo tipo de vehículos de motor, pero hai que recordar que en rallys ten a experiencia dun piloto júnior. Nin nós nin o público debe esquecer iso cando miremos os resultados".

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba