ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VALLEJO FAIXE CO RALLY DA CASA

Sergio Vallejo (Skoda Octavia WRC) adxudicouse este domingo a vitoria no XXXII Rallye San Froilán. Este resultado supón o primeiro triunfo do piloto de Meira no rallye lucense. E é que, a pesar do seu gran palmarés deportivo, o actual campión de España da especialidade tiña unha débeda pendente con este rallye, no que debutou como piloto fai xa máis de 20 anos e no que logrou subirse ao podio en oito ocasiones pero nunca até o máis alto.
Unha vez en meta, o piloto de Meira declarou que, aínda que este non era o seu triunfo máis importante, o feito de non gañar nunca en Lugo era «unha espinita que tiña cravada» e por iso definiu o triunfo como «especialmente emotivo».

Vallejo tamén destacou que este triunfo lle chega nunha tempada moi difícil a nivel persoal, xa que «despois da saída do meu anterior equipo non podía imaxinar que puidese correr en Lugo e menos cun coche que me permitise loitar por gañar». Por esa razón, Vallejo quixo dedicar o triunfo a todas as persoas que fixeron posible a súa participación neste XXXII Rallye San Froilán. «Foron moitos os amigos que me axudaron desinteresadamente. Por iso teño que agradecer a Roberto Blach que confiase en min e deixoume de forma totalmente altruísta un vehículo da calidade do Skoda Octavia WRC. Tampouco me pode esquecer do apoio de Toño Villar nin de Luís Vilariño, que a través do seu patrocinador "Antalsis" puxeron ao meu servizo os mellores medios posibles. Por suposto, non me esquezo de moitos outros amigos nin de toda a afección que me animou durante todo este tempo».

Sergio Vallejo chegou á segunda e definitiva etapa do XXXII Rallye San Froilán, que se disputou este domingo por tramos dos municipios de Outeiro de Rei e O Corgo, nunha cómoda primeira posición, beneficiado en parte polo abandono de Pedro Burgo o día anterior.

Vallejo expúxose unha segunda etapa moi conservadora, na que se dedicou a administrar a diferenza coa que partía. «O noso obxectivo "dixo Vallejo" era conseguir o triunfo, pero non a calquera prezo, polo que non estabamos dispostos a coller máis riscos dos necesarios».
Co de Meira situado na primeira posición, a emoción da carreira trasladouse aos demais postos do podio. Iván Ares (Mitsubishi Evo VIII) chegou á xornada definitiva do rallye en segunda posición e apenas se viu inquietado, ocupando finalmente o segundo chanzo do podio.

Máis complicado tívoo Martínez Barreiro (Peugeot 306 Kit Car), que realizou unha gran xornada sobre uns tramos que en nada beneficiaban ás características do seu vehículo. Aínda así, logrou facerse co último chanzo do podio e, sobre todo, logrou conter os ataques de Alberto Meira (Mitsubishi EVO X) quen, unha vez solucionados os problemas mecánicos do seu vehículo realizou un gran final de carreira marcando os dous últimos «scrtach».

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba