ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

CONTA ATRAS PARA O OURENSE-BAIXA LIMIA

Un ano máis, os días 1 e 2 de outubro próximos, chega o RALLYE OURENSE-BAIXA LIMIA, a proba do Campionato de Galicia de Rallyes da provincia de Ourense, facéndoo na súa sétima edición, e a pesar dos difíciles tempos que vivimos nos que non é nada fácil o poder reunir un orzamento económico ideal para levar adiante un evento destas características.

Varias son as novidades que trae esta nova edición do RALLYE OURENSE-BAIXA LIMIA. A primeira delas a realización das Verificacións Técnicas en pleno corazón da nosa cidade, nas fontes termais das BURGAS, o que sumado á situación de Parque Pechado na Praza do Bispo Cesáreo -como nas dúas últimas edicións- converterá unha zona tan monumental de Ourense no centro neurálxico da proba, por que somos conscientes, desde Ourense Motor Sport, que a mellor forma de ensinar os encantos da nosa cidade éo con probas como esta que levan a imaxe da nosa cidade por Galicia e España adiante.

Outra das novidades é o percorrido da proba, pois os tramos cronometrados sufriron variacións, e ademais a zona de asistencia pasa a ser no Polígono Industrial de Celanova, polo que se acurta a distancia entre a capital da provincia e as especiais cronometradas, algo que de seguro encantaralle aos participantes e aos afeccionados que sigan a competición.

Ingredientes pois, que serán de agrado dos afeccionados e sobre todo dos pilotos participantes que son sempre os principais protagonistas dun evento, como o RALLYE OURENSE-BAIXA LIMIA que brinda a moitos deportistas ourensáns
a posibilidade de tomar parte nunha competición na súa cidade e provincia.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba