ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

SERANTES E IGLESIAS GAÑAN NA ESCUSA-POIO

Cristobal Serantes é, virtualmente, o vencedor do Campionato galego de montaña logo de impoñerse na Subida da Escusa-Poio.

A falta de dúas probas para que remate a tempada, Serantes só necesita puntuar nunha desas carreiras para conseguir definitivamente o título. Había moita competencia e estamos moi contentos. "Quero dedicarlle este título ós meus patrocinadores, á afección e sobre todo ó meu equipo que traballou moi duro durante todo o ano para quitar esto adiante", sinalaba Serantes ó finalizar a carreira.

Cristobal Serantes foi o claro dominador da Subida da Escusa-Poio. O seu Fórmula Raliart segue imparable e o piloto non o desaproveitou. Como fixera en Vigo, marcou os mellores tempos das primeiras mangas oficiais de cada xornada e deixou o traballo o feito. A súa superioridade quedou patente ó ser o único dos 32 participantes que conseguiu completar o traxecto en menos de dous minutos.

O seu perseguidor na xeral, Benito Varela, volveu ter unha fin de semana complicada. O sábado, os problemos cos freos impedíronlle participar na segunda manga e o domingo repetíronse esas complicacións. Para el foi o terceiro posto e para Toño Varela o segundo e o campionato de CM. Un resultado que deixa ó piloto moi contento." Seguimos mellorando carreira tras carreira e iso é moi positivo", explicaba Toño.

A cuarta praza foi para Jacobo Sobral e a quinta para José Ramón Seco. Antonio Mosteiro, que remataba a primeira xornada en segunda posición, non puido confirmar esa boa actuación o domingo ó sufrir un saída da estrada na subida libre.
En turismos, José Antonio Iglesias foi o vencedor por diante de Manolo Senra. Moita igualdade entre ambos cunha diferenza moi pequena, menos dun segundo. Iglesias tomou vantaxe o sábado e Senra non foi quen de limar esa diferenza.

Con este resultado, Iglesias é máis líder." Penso que teño medio título no peto. Agora temos que seguir facendo ben as cousas", comentaba Iglesias ó remate da subida.

Na loita pola terceira praza, Couto, Abad e Torreiro mediron as súas forzas nunha interesante pelexa. Mesmo puideron dar caza a un Senra que non rodaba en tempos moi inferiores. Finalmente, os pequenos detalles acabaron por decidir as posicións na clasificación e de aí que fora Abad o que entrara no podio. O cuarto posto foi para Couto e o quinto para Torreiro.

En históricos, vitoria para Rubén Blanco co BMW 320. Segundo foi Juan José Gomez e terceiro David Costa.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba