ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ALBERTO HEVIA ENCARRILA O NACIONAL NA CASA

O Nacional está agora máis preto de quedar en Asturias. Alberto Hevia volveu dar onte unha lombeirada ás súas opcións de título gañando o seu segundo Rally Príncipe de Asturias. Fíxoo con seis scratchs que unidos á media ducia da primeira xornada, na que só Corrado Fontana -por un segundo na primeira especial- puido finalizar un tramo por diante do piloto de Skoda.
O rally estaba decidido. Quedaba ver se as picadas e as mecánicas xogaban algunha mala pasada, o que podía provocar algún envorco na clasificación. Pero non foi así nas dúas primeiras prazas. Alberto Hevia mostrouse intratable. Non deixou que ninguén lle tosese ao longo dos dous días de competición, mentres que Víctor Senra subíase ao segundo chanzo do podio, tanto do Europeo como do Nacional.
O que non tivo tanta sorte foi Pedro Burgo. O lucense tivo un rally complicado, con problemas de freos ao longo de todo o percorrido. Pero a última puñalada chegoulle na asistencia remota dos Campos. Finalizou os tramos terceiro, con dous minutos sobre Miguel Fuster. Pero un problema co cambio deixoulle tirado mentres todos os demais coches saían con dirección a Oviedo. «Acabouse Pedro», dicía Marcos Burgo, e entón as bágoas e os abrazos cobraron protagonismo. Moitos esforzos para nada. Excluídos por tardar demasiado en saír da asistencia.
E o beneficiado foi Miguel Fuster, que precisamente na primeira pasada por Corvera adiantaba un posto ao retirarse Vinyes. Un forte cheiro a valvulina chegando a meta delataba problemas no Swift do valente andorrano, que tampouco puido facer nada por referendar a cuarta praza do Nacional e a terceira do Europeo. Dous podios para un Fuster que segue aí na loita polo Nacional e que a recado que en Llanes volverá botar man do Porsche para tentar frear ao piloto máis regular da tempada: Alberto Hevia.
Fombona volveu dar espectáculo ata que o Nissan dixo basta, mentres que unha das sensacións foi Alberto Monarri. O madrileño, aos mandos dun Renault Twingo R2, demostrou que «estes coches andan e moito. Hai que facer moitos quilómetros para ir controlando os seus apoios», pero está claro que a copa monomarca que para o ano que vén quere facer Renault pode ser moi divertida.
Fran Cima foi outro que sufriu de xeito abondo. O ovetense non tivo un rally fácil. Ás veces o Mitsubishi ía en tres cilindros, outras petardeaba coma se fose romper e noutras a central era o punto de mira das maldicións, pero así todo gañou a Mitsubishi Evo Cup e acabou quinto do Nacional por detrás de Gorka Antxustegui, que con Joan Vinyes retirado aguantou o tirón para Suzuki nun rally moi complicado.
E falando dos Suzuki, Ferrán Pujol non tivo rivais. Fóronselle caendo un a un e meteulle case dous minutos ao seguinte na clasificación.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba