ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

FERREIRO FAISE CO II RALLY DE HISTORICOS

Jesús Ferreiro (Ford Escort RS2000 MKI) foi o vencedor do II Rallye de Galicia Histórico, proba que se disputou ao longo do venres e onte en estradas próximas á localidade coruñesa de Melide.

Bo coñecedor dos tramos e perfectamente axustado ao vehículo que pilotaba, Ferreiro apenas tivo rival nesta carreira, puntuable, entre outros trofeos, para a Copa de España de rallyes de velocidade para vehículos históricos. O segundo clasificado foi Antonio Sainz (Ford Escort RS) e terceiro, Germán Gómez (Ford Escort RS 2000 MKII).

Pola súa banda, o lucense Sergio Vallejo (Ford Escort RS2000 MKI) non tivo demasiada fortuna, xa que nos tramos da mañá sufriu problemas eléctricos que lle levaron ao abandono.

No entanto, o particular regulamento deste tipo de probas permitiu ao de Meira retomar a competición e, aínda que xa sen ningún tipo de opcións, puido completar a carreira, facendo gala dunha gran espectacularidade. E é que a de onte foi unha carreira que fixo revivir aos máis nostálxicos os mellores rallyes de finais do sesenta e principios do setenta.

Os Ford Escort RS, con diferentes tipos de preparacións, foron os vehículos máis numerosos entre os máis de sesenta equipos que tomaron a saída, aínda que ao seu lado tamén había modelos moi interesantes como os Opel Manta e Ascona, os Renault 5 e Alpine, o Alfa Romeo Giulia, o Mini Cooper, o Datsun Sport 240 Z ou o Porsche 911.

En definitiva, os afeccionados puideron vibrar coas evolucións de vehículos xa míticos na historia do automóbil e que fixeron revivir unha época na que calquera tipo de axuda electrónica á condución debía de suplirse coa habilidade e o arroxo do piloto.

Rallye de regularidade
Tamén houbo un apartado reservado á carreira de regularidade.

O vencedor foi o equipo de Daniel e Victorino Figueroa (BMW 1602), seguidos por Marcos Fernández e Yolanda López (Ford Escort RS2000 MKII). RS2000 MKII).

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba