ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ALBERTO MEIRA MAIS CERCA DO CAMPIONATO

Meira e Bañobre acudían a Lugo con ganas de sentenciar o Campionato Galego, con todo empezaban moi pronto as complicacións, e xa na véspera o seu equipo decidía por precaución cambiar o turbo. A partir do segundo tramo rompía un semieje dianteiro, unha avaría que a punto estivo de supor o abandono pero que, nun gran traballo por parte da asistencia, permitiu ao Evo X amarelo continuar en carreira. Así, terminaban a primeira das dúas etapas de competición en cuarta posición, pero o que é máis importante, 27 segundos por detrás de Martínez Barreiro, o máximo rival no campionato e ao que ao día seguinte Meira ía tratar de adiantar na clasificación.

Non obstante os problemas mecánicos irían a maiores e ao longo das seguintes seccións serían cada vez máis frecuentes os problemas coa transmisión. Ao finalizar o segundo tramo da sección matinal, Meira declaraba que -"Non podo facer máis. O coche está mal, os indicadores do cadro de mandos márcanme fallos na presión da bomba de diferenciais. O coche apagouse varias veces no tramo, córtase a corrente e hai que polo en marcha de novo, e nesa operación estamos a perder moitísimo."

É nese momento cando o equipo tivo posiblemente a súa actuación máis destacada da tempada: "-Os meus mecánicos estiveron fantásticos, detectando e solucionando a avaría. O problema acabou sendo un cable na instalación eléctrica da bomba de diferenciais. Despois dese paso pola asistencia, o coche funcionou perfectamente e fomos capaces de recortar máis de 20 segundos a "Bamarti" nos pouco máis de 31 kms dos últimos tres tramos."

A loita polo campionato segue adiante e pode dicirse que Meira é máis líder tras o San Froilán: Unha vitoria en calquera das probas que faltan brindará ao piloto de Vincios o título galego.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba