ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ANTALSIS COMPETICIÓN CORRERÁ CON TRES EQUIPOS EN LUGO

Os próximos 4 e 5 de setembro celebrarase en Lugo unha nova edición do emblemático "Rali San Froilán", proba puntuable para o Campionato Galego da especialidade.

O equipo lucense "Antalsis Competición" acudirá a esta proba en busca dun gran resultado, para o que contará con tres vehículos nas súas filas: Sergio Vallejo - Moncho López a bordo dun Skoda Octavia WRC, Luís Vilariño - Cándido Carrera nun Renault Maxi Megane, e Alberto Otero - José Vilas nun Peugeot 206 XS.

Vallejo sairá a esta carreira como un claro favorito á vitoria, tanto polas demostradas calidades ao volante do actual Campión de España de Ralis, como pola máquina a empregar, que será o Skoda Octavia WRC do arteixán Roberto Blach, con tracción total e máis de 350 CV de potencia.

Vilariño compite unha vez máis a bordo da súa Maxi Megane, estando moi motivado para facer un bo papel nunha proba que, como lucense, é moi especial para el. Se o clima mantense seco, pode ter moito que dicir a bordo dun coche que só ten tracción ás rodas dianteiras e ten só 285 CV, pero que a cambio é máis lixeiro e superior no paso por curva a moitos outros dos seus rivais polos primeiros postos da xeral.

Otero competirá unha vez máis dentro do trofeo Volante RACC Galicia, onde callou moi boas actuacións e parte como un dos candidatos á vitoria. O mozo e prometedor piloto de Palas de Rei estreará ademais copiloto, xa que agora é José Vilas quen sentará á súa dereita no Peugeot 206 XS.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba