ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

UN SEGUNDO POSTO QUE SABE A GLORIA PARA IVAN ARES

Plenamente satisfeito estaba Iván Ares no podio final do Rali San Froilán. O coruñés volvía demostrar que cando a mecánica o respecta, estamos ante un dos pilotos máis rápidos no Campionato Galego.

Malia algúns pequenos contratempos, Ares concluía a primeira das dúas etapas de competición na segunda posición absoluta, exactamente a mesma na que finalizaba a proba ao día seguinte, en que se defendía do ataque de"Bamarti", que non conseguiría superalo senón que mesmo perdía terreo.

Para Ares este resultado hai que tomalo como unha vitoria. "Só nos gañou Sergio Vallejo, que é nada menos que o actual Campión de España, e que ademais esta vez ía nun coche moi superior. Respecto ao meu, de feito pesa uns 200 kgs menos, e ten como pouco uns 60 CV máis. Terlle gañado mesmo algún tramo, é incrible".

O de Cambre engadía que:" É certo que aquí eu rodaba 3º ata que me favoreceu o abandono de Pedro Burgo, que rodaba por diante... exactamente igual que a Pedro o favoreceu o meu abandono no Rallye Comarca de Ulloa, cando era eu quen lle ía gañando. Este ano non tiven demasiada sorte, así que todo iso inflúe a que esteamos tan contentos agora que os resultados cheguen".

O equipo vai intentar agora estar na seguinte proba: "Non sabemos se sairemos ao Rallye Ourense Baixa Limia, debido a limitacións presupostarias, e a que estamos xa a pensar máis en afrontar a tempada que vén, vender noso coche... O noso reto agora sería basicamente poder estar na saída da seguinte proba. Por intentalo, que non sexa".

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba