ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

XEVI PONS ENTRENASE EN PRIVADO

A proximidade da decisiva cita do Campionato do Mundo de Rallyes S-WRC en Francia levou ao Nupel Global Racing Team a concentrar a preparación do seu piloto Xevi Pons nuns adestramentos privados da man do equipo M-Sport, totalmente enfocados na posta a punto e preparación da proba francesa.

Trátase dunha proba que se celebrará a finais de setembro e por esta razón será o piloto coruñés Víctor Senra o encargado de pilotar o Ford Festa S2000 do equipo Nupel Global Racing no 47 Rally Príncipe de Asturias (10 e 11 de setembro).

O manager do equipo, Luís Moya, dixo que facilitando a condución deste vehículo a Senra preténdese "dar oportunidades a bos pilotos galegos.
"Víctor Senra -precisou- demostrou ser un piloto seguro e que agora poida conducir unha máquina deste nivel é bo para a súa experiencia. En canto a Xevi, e de común acordo con el, cremos e decidido que un test ben feitos co coche e os mesmos pneumáticos que se empregan no mundial, a poucos días da saída, é moito mellor para a súa preparación".

O acordo establecido entre Víctor Senra e o máximo responsable de Nupel, Jorge Dorribo, tamén contempla a participación na carreira do mundial de rallyes que se disputará a finais de outubro en Cataluña, neste caso cun Festa R2.

"Todos tivemos que facer un gran esforzo para chegar a este acordo, tanto os meus patrocinadores como Roberto Méndez e, sobre todo, Jorge Dorribo, que é quen máis fixo por conseguirme esta grandísima oportunidade. Todos querían verme competir esta tempada cun coche gañador e este momento chegou", declarou o piloto galego.

A participación do Nupel Global Racing complementarase cos dous Ford Festa R2 dos habituais Adrián Díaz-César Díaz (nº 19) e Marta Suria-Mario González (nº 20), cos que esperan reeditar as excelentes actuacións das probas anteriores e continuar co seu proceso de formación en competición. A eles unirase outra Festa R2 do palestino Rami Jaber-Mohammed Swaitti.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba