ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA INTENTARÁ RESOLVER O CAMPIONATO NO BAIXA LIMIA

O Rally Ourense Baixa-Limia, que se disputa o 1 e 2 de outubro, ofrece a Alberto Meira a oportunidade de certificar o título autonómico e pór así un broche de ouro a unha magnífica tempada.
O Rallye Ourense Baixa-Limia, a única proba do Campionato de Galicia que se disputa na provincia ourensá, alcanza xa a súa sétima edición a pesar das difíciles circunstancias económicas que complican a confección do orzamento.
Alberto Meira acode á cita ourensá co cartel de favorito. A falta de dúas probas para o final do campionato a de Ourense e a de Botafumeiro unha vitoria permitiríalle certificar o campionato Autonómico, sen importarlle o que fixese o seu máis inmediato rival, José Miguel Martínez, "Bamarti", quen estaría a gañar as dúas citas que faltan para depender de si mesmo.
O duelo é encarnizado, pero Alberto Meira parte con certa vantaxe, xa que el si que ten certa marxe de manobra. Ademais, o seu Mitsubishi parece superar os problemas eléctricos que sufriu no Rally de San Froilán e poderá competir a pleno rendemento.
Na presentación da proba, celebrada onte, déronse a coñecer varias novidades desta nova edición. A primeira é a realización das verificacións técnicas en pleno corazón da cidade, nas fontes termais das Burgas, o que converterá a zona tan monumental de Ourense no centro neurálxico do rally.
Ademais, os tramos cronometrados sufriron variacións, e ademais a zona de asistencia pasa a ser no polígono de Celanova, polo que se acurta a distancia entre a capital e as especiais cronometradas.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba