ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VICTOR SENRA 2º POSTO NO PRINCIPE DE ASTURIAS

O xoven piloto galego, con tan só 26 anos, está a completar a súa mellor tempada. Senra, de novo acompañado por David Vázquez, logrou a segunda posición do Rali Príncipe de Asturias, sétima proba do Campionato de España e tamén valedoira para o certame europeo da modalidade. Con este, xa son tres os podios conseguidos esta tempada polo coruñés, que nesta ocasión participaba aos mandos do Ford Festa S2000 do equipo Nupel Global Racing.

Para Senra, esta era unha carreira sen ningún tipo de presión, como indicara tras o acordo co equipo Nupel Global Racing. Máis ben tratábase dunha grandísima oportunidade de participar cun dos mellores vehículos do momento e que debía aproveitar e gozar sen preocuparse do resultado final. Por iso, o finalizar na segunda posición absoluta desta prestixiosa proba na que competían algúns dos mellores pilotos de toda Europa, incluídos os habituais do Campionato de España, é toda unha vitoria. "Facelo mellor significaría gañar e creo que, salvo un contratempo de Hevia, era imposible. Correndo ante a súa xente, nuns tramos que coñece á perfección e cun vehículo rápido e infalible como é o seu, demostrou ser case insuperable. Nós tiñamos a única intención de gozar esta gran oportunidade, sen preocuparnos do resultado, e así o fixemos. Aínda que apenas tiveramos contacto con este coche, hei de dicir que funcionou á perfección, o cal debemos agradecelo a todo o Nupel Global Racing e a RMC., sinalaba".

"Colocámonos segundos desde o inicio e logramos manter baixo control aos nosos rivais aumentando a vantaxe sobre eles, sen preocuparnos do primeiro posto, pois nos parecía unha tolería tratar de loitar por el. Tanto David, que carreira tras carreira demóstrame que é un dos mellores copilotos deste país, como eu, creo que mantivemos a concentración ao máximo durante o trece tramos e rodamos cun forte ritmo, aínda que sen arriscar o máis mínimo. Simplemente tratamos de manter a renda obtida o primeiro día até o final." comentaba sobre o desenlace da proba.

Para a parella galega continuará a normalidade dentro do Campionato de España coa oitava cita deste certame, que tamén se disputará na comunidade asturiana, con motivo do Rali de Llanes o primeiro fin de semana do próximo outubro.

"En Llanes -indica Senra -e nas próximas citas temos que dar o máximo para pechar o mellor posible a tempada de face a lograr apoios para tentar dar un salto importante a próxima tempada. Por agora temos dous segundos postos (Alacante e Príncipe) e un terceiro (Ferrol) que creo demostran que podemos estar aí arriba se a fortuna acompáñanos e dispomos de medios, pois mesmo poderiamos estar a loitar polo segundo posto do campionato de ter algo máis de sorte en Vigo e Ourense."

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba