ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

PHIL MILLS DEIXA A COMPETICIÓN

Durante os últimos anos falar de Petter Solberg implicaba falar da súa man dereita, Phil Mills. A partir de agora a cousa cambia xa que o mítico copiloto galés deixa o asento dereito para traballar nun centro de formación para deportes de motor.

Mills acompañaba a Petter Solberg desde o ano 1999. Once anos no que os dous viviron grandes alegrías, 13 vitorias e un titulo mundial, e grandes decepcións. Sobre todo nos últimos anos do Noruegués dentro do equipo Subaru.

"Esta foi unha das decisións máis duras que xamais tiven que tomar, pero creo que chegou o momento de centrarme noutros aspectos da miña vida. Participamos en 152 rallyes nos últimos 11 anos e para min converteuse máis nunha forma de vida que nun traballo. Gocei de cada quilómetro, nos bos e nos malos momentos, e estou seguro de que Petter gañará moitas máis carreiras no futuro, se se dan as circunstancias adecuadas. Botarei moito de menos todo o que ten que ver co WRC e deséxolles a Petter e a todo o equipo un gran éxito no futuro".

Agora Petter Solberg deberá porse ao choio para atopar un substituto para a cita de Bulgaria, que se disputase do 8 ao 11 de xullo. O propio Solberg declaraba que notará a ausencia do seu leal copiloto:
"Phil deixa o equipo e síntome realmente triste por iso. Creo que será moi complicado atopar a un copiloto coas súas aptitudes para traballar comigo. Levamos moitos anos xuntos, tívenlle ao meu lado durante gran parte da miña carreira, polo que esta é unha ruptura dura para min. Mirando atrás, a todo o que logramos, sábeme moi mal, porque estaba convencido de que conseguiriamos a nosa próxima vitoria esta tempada e esperaba ter a Phil ao meu lado cando ocorrese. Foi a persoa máis importante para min durante toda a miña carreira deportiva. A nosa relación debe ser a máis forte que xamais existise entre un piloto e o seu copiloto".

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba